Abel Caballero amosa a súa "oposición total aos recheos na ría de Vigo, para sempre" que pretende o goberno de Feijóo

Información
Galicia | 23 Diciembre 2019 | 2226 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O alcalde rexeitou a proposta do Consello de Administración do Porto de Vigo de facer recheo no molle de comercio e na terminal de Bouzas así como a negativa á compra de terreos no ámbito de Vulcano.

O rexedor deu conta este venres dos temas abordados no Consello de Administración do Porto de Vigo onde se presentou o Plan de Empresa que contempla dous bloques de actuacións "que non nos satisfán en absoluto: os recheos do molle de comercio e o da terminal de Bouzas e a compra duns terreos no ámbito de Vulcano".



O alcalde manifestou a súa "oposición total aos recheos; na ría de Vigo acabáronse os recheos para sempre. No podemos estar nun proceso continuo de ataque ao medio ambiente, á ecoloxía e ao sistema de funcionamento da ría de Vigo". Así, explicou que chama a atención que o Porto propoña o recheo do molle de comercio por 20 millóns de euros e o de Bouzas por 50 millóns de euros antes de ter o plan de usos e antes de delimitar os espazos do Porto.

"Non queremos recheos, teñen que habilitarse outros espazos. E existen. Na terminal de Bouzas, por exemplo, habilitouse espazo para automóbiles no silo, o que significou espazo adicional sen ningún recheo, pero noutras zonas do Porto convén racionalizar". Abel Caballero sinalou que non facer recheos é "compatible coa industria, co desenvolvemento económico, con Citroën, con todo, hai que racionalizal".

No tocante ao ámbito dos terreos anexos a Vulcano, o rexedor declarou que quere coñecer o posicionamento do Porto sobre Vulcano para tomar decisións sabendo o destino que quere para ese espazo. "Esta cidade ten unha grande dedicación ao naval, polo que parece razoable seguir falando de naval en Vulcano, somos porto de construción naval", sentenciou, engadindo que segue "impulsando a posición de construción naval de Vigo porque é unha grande industria para a cidade, para o noso territorio, xera valor engadido, emprego e mobiliza unha parte importante da economía de Vigo, da provincia e seguramente de toda Galicia"