O Conselleiro Almuiña contradí a Feijóo e non asegura a reapertura do paritorio de Verín aínda que haxa pediatras
O Conselleiro Almuiña contradí a Feijóo e non asegura a reapertura do paritorio de Verín aínda que haxa pediatras
Información
19 Diciembre 20191329 votos - Registrate para votar
O Xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa, respondeu á Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, na Comisión 5ª do Parlamento celebrada o 19 de decembro de 2019 que “o número de partos é o desencadenante desta situación” (peche do paritorio). Preguntado o SERGAS polos criterios para pechar de xeito abrupto a unidade de partos de Verín, responde unicamente que se debe ao descenso do número de partos, indicando que se esperaban uns 60 este 2019, e que en setembro só houbo 2, igual que en outubro, 1 parto e 1 cesárea. Sinalou Fernández Campa que a decisión se tomou en base a un documento técnico asinado “pola totalidade dos especialistas do CHUO”.
Dende En Marea, Paula Vázquez Verao volveu apelar á falta de diálogo cos e coas profesionais de Verín, e a falta de consideración ás matronas, que mesmo se ofreceran a facer quendas no CHUO. Apelamos a que hai solucións para a reorganización do servizo na EOXI, igual que para a dotación de pediatras, pero semella que a decisión da Xunta é o peche definitivo da unidade de partos.
Sinalou o xerente do SERGAS que se trataba dunha decisión difícil, pero que a diminución dos partos é unha realidade ineludible. Paula Vázquez Verao preguntou se, entón, mente Feijóo cando sinala que se abrirá o paritorio se hai pediatras, pois, coa resposta do SERGAS, quedou claro que, se o criterio é o baixo número de partos, non ten intención de volver abrir o servizo.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)