Información
Galicia

Continúan as mobilizacións en demanda dunhas pensións públicas dignas e garantidas COMO AS QUE SE GARANTE FEIJOO PARA SI MESMO

Información
30 Noviembre 2019 716 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

UPYD cree innecesario que Feijóo se suba el sueldo de presidente .....+

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG continuou este xoves as mobilizacións en demanda dunhas pensións públicas "que permitan as persoas xubiladas de hoxe e ás que mañá o sexan, poder vivir con dignidade". Pero para garantir este dereito, resultado de décadas de loita obreira, é preciso derrogar de inmediato as reformas que nos anos 2011 e 2013 aprobaron os gobernos do PSOE e do PP, respectivamente.

Unhas reformas que recortaron as contías das pensións, atrasaron a idade da xubilación, aumentaron o período para o seu cálculo, desvincularon o incremento anual do IPC, introduciron o chamado factor de sustentabilidade -que significa que a máis esperanza de vida, menos pensión cobraremos- e practicamente fixeron desaparecer o dereito á xubilación parcial.

Revalorización irrisoria do 0.25%

Malia as promesas do PSOE de Pedro Sánchez, a día de hoxe, as reformas continúan en vigor e, nun contexto de incerteza respecto da conformación do goberno do estado, "atopámonos ante a posibilidade de que, en aplicación da reforma das pensións de 2013, estas se revaloricen cunha irrisoria actualización do 0.25% como xa pasou en anos anteriores", alertan. Por iso "estamos hoxe aquí porque esiximos que as pensións se revaloricen por lei cando menos co IPC"

Dende o colectivo da CIG esixiron a derrogación das reformas de 2011 (contra da que a CIG convocou folga xeral) e a de 2013 "porque estas dúas reformas provocaron a debilidade do sistema público e puxeron nunha situación moi difícil a miles de persoal que son ou serán pensionistas".

Durante as concentracións lembrouse que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, que máis da metade das pensións que cobran galegos e galegas son inferiores a 677€ e 1 de cada 10 menores de 415€/mes.

Fronte ao discurso apocalíptico da inviabilidade das pensións públicas que nos pretenden vender día tras día, o colectivo da CIG reitera a necesidade de aplicar medidas de creación de emprego estábel en condicións dignas e con salarios xustos para dotar de recursos suficientes o sistema, "o de agora e o de mañá". "O sistema público de pensións é unha conquista da clase traballadora a través de décadas de loita. E é a través da loita como temos que evitar que nolas rouben. Por iso seguimos e seguiremos mobilizándonos na rúa".

Táboa reivindicativa da CIG

- Supresión do factor de sustentabilidade. A súa aplicación está aprazada até o ano 2023, mais é necesaria a súa desaparición.

- A fixación por lei da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (60% do salario medio) e a revalorización anual como mínimo co IPC real.

- Xubilación ordinaria aos 65 anos e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

- Cálculo da base reguladora segundo as bases de cotización, actualizadas á data de reporte da pensión co IPC de todo o tempo transcorrido, dun período de 10 anos elixido pola persoa beneficiaria entre a súa carreira de cotización.

-Supresión das bonificacións e reducións da cotización empresarial á Seguridade Social en determinados tipos de contratos laborais.

- Eliminación dos topes máximos de cotización á Seguridade Social, mantendo uns límites máximos para o importe da pensión.

- Traspaso á Administración galega da competencia de xestión do réxime económico da Seguridade Social prevista no Estatuto de Autonomía.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+