OS SOCIALISTAS GALEGOS ACUSAN Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DE SECUESTRO E “FALTA DE TRANSPARENCIA E DE NEGAR INFORMACIÓN AO PARLAMENTO”

Información
Galicia | 14 Abril 2016 | 3597 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

É moi grave que se nos agochen datos moi importantes do financiamento das universidades entre os anos 2011 e 2015”, asegura a deputada Concepción Burgo

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016. A deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe no Parlamento á Consellería de Educación “de falta de transparencia e de negar información a esta Cámara, o que supón un feito grave e antidemocrático”.

Burgo solicitou información en Comisión sobre as achegas da Xunta ao sistema universitario galego entre os anos 2011 e 2015, así como dos ingresos que chegaron ao marxe do plan de financiamento. “Foron preguntan que se realizaron por escrito, o goberno tiña 20 días para contestar e levamos sete meses esperando”, afirmou a deputada socialista.

A Xunta nega información ao Parlamento, non da a información requerida”, apuntou Burgo, que cualificou de “incumprimento grave que se nos agochen datos do plan de financiamento das universidades”.

Na súa resposta, o secretario xeral de Universidades, Alberto Díaz, recoñeceu que a aportación da Xunta ao plan foi de 1.892 millóns de euros, un 6,2% menos dos 2.016 millóns anunciados, pero non foi quen de informar dos 378 millóns de euros que supostamente chegaron por outro tipo de fondos e convenios e as universidades din que non recibiron.

Os datos aportados pola consellería non eran certos, o plan non se cumpriu e non se garante a suficiencia financeira das universidades”, engadiu Burgo, que rematou preguntando “qué está agochando a Xunta e por qué non quere dar toda a información neste Parlamento”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600