O Kennedy dos Peares Sr Feijóo non foi invitado por Baltar ao evento no que as cinsas mortais de Rodolfo Prada e da súa esposa, Manuela Fraga, repousan no cemiterio de Casdavil, nos Peares

Información
Galicia | 04 Noviembre 2019 | 1667 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • A Deputación de Ourense compre coa vontade deste insigne ourensán de descansar na súa terra "cando Galicia recupere a democracia e acade o autogoberno".
  •  
  • Manuel Baltar dixo que o soterramento dos restos de Prada nos Peares é "un exercicio de memoria histórica, un acto de xustiza e de reparación, que chega trinta e nove anos despois do seu pasamento".

Ourense, 3 de novembro de 2019.- O cemiterio de Casdavil, nos Peares, acolleu hoxe o enterro das cinsas mortais do insigne ourensán Rodolfo Prada e da súa esposa Manuela Fraga, nun acto cívico-relixioso organizado pola Deputación de Ourense para dar cumprimento da súa vontade: "Descansar na paz de Deus na terra na que nacín, cando Galiza recupere a democracia, arrebatada pola forza da barbarie, e acade o autogoberno do que é merecente como pobo con identidade propia".

No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a neta do intelectual, María Elena Prada Alliende, quen viaxou expresamente desde Santiago de Chile para asistir en representación da familia; o escritor e biógrafo de Rodolfo Prada; xunto con outras autoridades e representantes das Fundacións de persoeiros do galeguismo e de institucións culturais.