Información
Galicia

Ánxeles Cuña: "a Deputación de Ourense reproduce o modelo caciquil do século XIX"

Información
31 Octubre 2019 569 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ánxeles Cuña reprochoulle esta tarde ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, que retrate "unha realidade que non existe". "Calquera que o escoite pensará que Ourense é unha provincia riquísima á cabeza do país; non obstante, non hai máis que mirar a EPA, o Informe sobre a Pobreza e outros indicadores para ver que somos a provincia con maior pobreza feminina de todo o Estado, coa emigración máis alta e os salarios e pensións máis baixos", lembrou.


Ante o gran titular que a Deputación de Ourense dá dos seus Orzamentos para 2020, o incremento de 3 millóns de euros, Ánxeles Cuña lembrou que o gasto real queda en tan só algo máis dun millón de incremento, xa que as grandes cantidades van parar a gastos de persoal e mantemento. "A vostede que tanto lle gustan os rankings, señor Baltar, en que posición está a Deputación de Ourense entre as que máis invisten en si mesmas do Estado? É a segunda ou a terceira?", preguntou. "Para exemplo, a cativa cantidade que dedican á promoción de emprego fronte a asesores e outros cargos", engadiu.

Ademais de abordar o clientelismo da Deputación, Cuña tamén manifestou que a institución "reproduce o modelo caciquil do século XIX", e recriminoulle a Baltar o seu "pacto diabólico" con Gonzalo Pérez Jácome para se repartiren a alcaldía e a presidencia da Deputación. "Jácome insultouno, ridiculizouno e fixo un retrato de vostede absolutamente denigrante, pero vostedes por manterse no poder fan borrón e conta nova sen ningún problema", criticou.

A deputada tamén censurou que só se destine un 3% dos Orzamentos a Servizos Sociais, Sanidade e Deporte, así como que a Deputación non cumpra co seu "principal cometido", "atender as localidades de menos de 20.000 habitantes". "Isto é especialmente importante en Ourense, unha provincia de gran dispersión poboacional e críticos datos de devalo demográfico, na que pechan escolas e na que a desaparición de aldeas é unha realidade. Agardamos que achegue solucións", agregou.

Ánxeles Cuña tamén instou a José Manuel Baltar a seguir o exemplo das demais provincias galegas e facer público o parque comarcal de bombeiros, que en Ourense continúa privatizado e sen previsión de cambios. "Un bombeiro preguntoulle a vostede en Twitter por este sistema de xestión e vostede respondeu que era o mellor, cando está máis que demostrado que a privatización mingua a calidade e a seguridade do servizo ofrecido", lembroulle. Finalmente, a deputada do Grupo Común da Esquerda tamén reprochou a Baltar que, malia a importancia do termalismo para Ourense, non se pronunciase en contra da Lei de Augas Termais que está a promover a Xunta de Galicia e que avanza tamén no camiño da privatización.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+