Onte notificouse o Auto nº 2/2019 do Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional, cos seus votos particulares, polo cal se estima a recusación do maxistrado José Ricardo de Prada Solaesa, apartándolle do coñecemento dunha das pezas do proceso penal denominado “ Gürtel”, a que se refire ao pago das obras de reforma da sede do Partido Popular na rúa Xénova por delitos de falsidade documental e fraude fiscal, sobre a base de que anticiparía un xuízo de culpabilidade.
Na segunda recusación, desestimada polo mesmo Pleno, os recusantes, Francisco Correa e o Partido Popular, só tachaban a José Ricardo De Prada Solaesa, non a outro xuíz que formara parte do tribunal anterior. O que desvela a motivación real das recusacións: apartar a un xuíz que o acusado e a citada formación política como responsable civil consideran sospeitoso por razóns políticas, o que resulta inaceptable no noso sistema xudicial.
Aquela primeira decisión pode significar –de converterse en criterio de configuración de tribunais nos macroxuízos, salvo que fose unha resolución adoptada en atención á persoa do maxistrado afectado- un entorpecimiento da función xurisdicional xa que a suposta contaminación dos xuíces e xuízas que xulgasen unha das pezas do mesmo proceso carrexará o chamamento doutros para coñecer da seguinte peza.
Este tipo de resolucións deberían adoptarse de forma restritiva e con prudencia para evitar alterar a composición das salas e elixir o xuíz ou xuíza que conveña en cada caso. A aparencia de imparcialidade do tribunal tamén pode verse comprometida cando se acepta unha recusación polo mero feito de ser xa condenada a parte que o solicita noutro asunto por ese mesmo xuíz ou xuíza. Non hai que esquecer que a Audiencia Nacional ha xulgado a membros da organización terrorista ETA en diversos procesos penais, coa mesma composición da sala e nunca se suscitaron dúbidas sobre a súa imparcialidade. O mesmo sucede nos casos de terrorismo islámico que actualmente vén coñecendo este tribunal e no ámbito civil coas reiteradas condenas a entidades financeiras por xulgados especializados.
Madrid, ao 18 de outubro de 2019
O SECRETARIADO