COMUNICADO XORNAL GALICIA; los dominios Xornal Galicia Norte | Coruña galicianorteacoruna.es Xornal Galicia Sur | galiciasurpontevedra.es y otras denominaciones plagiando la denominiación de este diario digital para conseguir contratos publicitarios del coronavirus con las instituciones públicas podrían ser un fraude FOMENTADO CON FONDOS PÚBLICOS adjudicados a dedo mediante una lista ( privada) entregada por MAR SÁNCHEZ SIERRA SUMÁNDOSE A LA QUERELLA CONTRA XORNALGALICIA.COM ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Información
Galicia

A DIRECCIÓN DA CRTVG INCUMPRÍU OS PROTOCOLOS INFORMATIVOS PARA O TRATAMENTO DA VIOLENCIA MACHISTA NO FEMINICIDIO DE VALGA

Información
09 Octubre 2019 407 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CRTVG incumpriu os protocolos informativos para o tratamento da violencia machista durante os días 16, 17 e 18 de setembro nas informacións sobre o feminicidio de Valga na Televisión de Galicia. Nalgúns telexornais tratouse o triplo crime como un suceso convencional, usouse unha linguaxe que normalizaba e violencia machista, ofrecéronse detalles morbosos sen interese informativo e non se contextualizou con mensaxes positivas de expertas e casos de éxito nos que se evitou o asasinato, amais de evitar na maioría dos informativos a inclusión do teléfono de denuncia da violencia machista e, cando se fixo, non se advertiu que a chamada non deixa pegada na factura telefónica. A CRTVG obviou o seu labor de servizo público para actuar como calquera televisión privada na procura de audiencia a calquera prezo, unha audiencia que lle deu as costas xa que nos tres días de cobertura do triplo crime foi en descenso nos telexornais.

A CRTVG incumpriu os protocolos informativos para o tratamento da violencia machista durante os días 16, 17 e 18 de setembro nas informacións sobre o feminicidio de Valga na Televisión de Galicia. Nalgúns telexornais tratouse o triplo crime como un suceso convencional, usouse unha linguaxe que normalizaba e violencia machista, ofrecéronse detalles morbosos sen interese informativo e non se contextualizou con mensaxes positivas de expertas e casos de éxito nos que se evitou o asasinato, amais de evitar na maioría dos informativos a inclusión do teléfono de denuncia da violencia machista e, cando se fixo, non se advertiu que a chamada non deixa pegada na factura telefónica.

A CRTVG obviou o seu labor de servizo público para actuar como calquera televisión privada na procura de audiencia a calquera prezo, unha audiencia que lle deu as costas xa que nos tres días de cobertura do triplo crime foi en descenso nos telexornais.

O caso máis grave foi a reiterada emisión o día 18 de setembro das declaracións dunha familiar do asasino confeso das tres mulleres. Non se vixiou o uso de testemuñas próximas ao agresor como recomenda o propio Consello de Administración da CRTVG. Abríronse telexornais coas declaracións da irmá do asasino confeso de costas á cámara baixo o titular “Sei que o fixo porque mo dixo e botou ás mans á cabeza”. Nas declaracións que se emiten, a muller asegura que nin el mesmo sabe porque reaccionou así e atribúelle un suposto arrebato de loucura co que tamén titula a TVG nun dos informativos. Malia saír de costas para que non aparecera a súa imaxe, identifícase a muller con nomes e apelidos.

Os informativos da TVG incumpriron as “Recomendacións do Consello de Administración da CRTVG sobre o tratamento dos casos de violencia machista nos medios de comunicación públicos galegos”, amais das do Colexio de Xornalistas de Galicia. Non se respectou a dor das vítimas e foi a propia acción decidida do persoal de Informativos a que impediu que se sobrepasasen os límites éticos.

A linguaxe puramente informativa obviouse en reiteradas ocasións e ofrecéronse detalles morbosos que non viñan ao caso; nunha conexión en directo chegouse a dar detalles de que a forense que ía realizar as autopsias o ía facer no mesmo lugar no que se realizou a de Diana Quer, cando ese dato non achegaba ningún interese informativo e, amais, estaba sen confirmar e sen contrastar; de feito, as autopsias acabaron practicándose en Pontevedra e non en Santiago.A actuación da dirección de Informativos da CRTVG provocou durante eses días unha maior tensión na Redacción, afectando ao traballo do persoal e á situación emocional, que mesmo provocou bagoas na redacción polas presións recibidas.

Esiximos que a dirección de Informativos respecte o traballo profesional no departamento e non obrigue nin transmita ordes para incumprir tanto os códigos deontolóxicos profesionais como as obrigas legais que temos como servizo público.Comité de empresa da CRTVG en San Marcos09/10/2019

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....