Volve o volei-praia á explanada de Razo coas redes dispoñibles todas as tardes e coa celebración do IX Torneo Foliada Concello de Carballo
Volve o volei-praia á explanada de Razo coas redes dispoñibles todas as tardes e coa celebración do IX Torneo Foliada Concello de Carballo
Información
09 Julio 20162631 votos - Registrate para votar
Un momento da presentación da actividade
O Concello de Carballo e Carballo Deporte organizan en colaboración coa Asociación Deportiva Cultural Volei-praia Costa da Morte a actividade de Volei-praia Razo 2016, nunha aposta polo deporte máis practicado nas praias de todo o mundo. Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20.00 horas.
Poden participar gratis todas as persoas que o desexen: principiantes, nenos e nenas ou expertos neste deporte
Ademáis, de luns a venres, de 17.00 a 18.00 horas, terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia para todas as idades nas que os máis pequenos e pequenas poden gozar cos diferentes xogos, e os mais maiores poden perfeccionar a técnica ou iniciarse no mundo do volei-praia da man dos monitores da ADC Volei-praia Costa da Morte. Todas actividades son gratuítas, así que só tendes que pasarvos pola Explanada de Razo e preguntarlle aos monitores cando queredes comezar.
O torneo: o 14 de agosto
Como cada ano, tampouco podía faltar a cita ineludible do Torneo Foliada Concello de Carballo, que neste ano 2016 chega a súa novena edición. O 14 de Agosto é a data sinalada para esta gran festa do volei-praia, na que xogadores de toda Galicia se reúnen para gozar deste espectacular deporte, e pasar un día cheo de sorpresas, xogos, comida e moitas máis actividades na praia de Razo. Así que, xa sabedes, deixade a toalla e vivide en primeira persoa a pasión, a beleza e o espectáculo do volei-praia, o punto de encontro a través do que coñecer xente, divertirse e poñerse en forma nunha contorna natural privilexiada en Carballo, como é a praia de Razo
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)