Información
Galicia

Xubilados/as e pensionistas da CIG acusan a Feixó de descoñecer a realidade da dependencia en Galiza

Información
29 Septiembre 2019 672 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Diante das afirmacións realizadas na súa intervención no debate do estado da nación, o colectivo de xubiladas/s e pensionistas da CIG acusa ao presidente da Xunta de descoñecer a realidade da dependencia en Galiza; de esquecer as máis de 8.000 solicitudes aprobadas de persoas dependentes que aínda non están a percibir unha prestación e de vender fume coa construción futura dunhas residencias que seguirán sendo insuficientes para atender a crecente demanda existente.

 

O colectivo denuncia que fronte o abandono que viven as persoas que na Galiza sofren unha situación de dependencia, por parte da administración, Núñez Feixó “só pode vender como logro no debate do estado da nación 7 residencias da terceira idade que non só non están feitas, senón que ademais non se van facer con cartos públicos, senón que son “doazón” dun empresario”.

Sinalan que o propio Presidente da Xunta recoñece que nos vindeiros anos chegaremos a unha cifra de preto dun 33% de persoas maiores de 65 anos na Galiza. Por iso, advirten de que nun escenario de avellentamento tal, e coa sangría da emigración de xente nova que ven padecendo o noso país, “a atención á dependencia vai ser cada vez máis unha necesidade básica para miles de persoas. Xa hoxe o é”.

De aí que denuncien que Feixó, no seu discurso no Parlamento, “parece vivir nun conto de fadas que en nada se parece á realidade”. Nese sentido, lembran que xa en decembro de 2017 o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG denunciaba que miles de persoas que tiñan recoñecido algún grao de dependencia, mais non estaban sendo beneficiarias da prestación á que tiñan dereito por lei. “Cos datos de agosto de 2019, non mellorou moito a cousa, malia o grandilocuente discurso de Núñez Feixó, posto que son máis de 8.000 as solicitudes aprobadas e que inda non están a percibir a prestación adxudicada”.

Diante desta situación pregúntanse se “é esta a atención á dependencia que necesitan as galegas e galegos?  Datos manipulados e infraestruturas que están por facer cos cartos dunha doazón?”

Un Presidente que vende “fume”

O colectivo reitera que unha administración pública debe garantir que as necesidades básicas da poboación estean cubertas e debe facelo cos recursos públicos e sinala que “se despois de dez anos gobernando a Xunta de Galiza, o que pode explicar Feixó como logro no que respecta á dependencia é a futura construción de sete residencias da terceira idade, que fixo durante todo este tempo para atender ás miles de persoas que viven situacións de dependencia? Nada, e por iso foron milleiros as persoas que faleceron sen ter recibido ningún tipo de prestación nin a máis mínima atención ás súas necesidades”.

Para as e os xubilados e pensionistas da CIG o Presidente da Xunta “anuncia medidas que non son máis que  fume, como residencias que están por vir, ou un decreto de concerto social que non é outra cousa que a privatización da atención á dependencia”.

Contra isto, o colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG vén desenvolvendo no último ano unha campaña de recollida de sinaturas –que serán en breve presentadas ao goberno galego e que veñen avalar as súas demandas- para exixir unha adecuada atención á dependencia a través do incremento nos orzamentos para o 2020 das partidas dos programas de atención á dependencia.

Xunto a isto demandan que se poñan en marcha as accións necesarias para garantir unha atención adecuada a través dunha rede pública de recursos cun acceso equitativo, de xeito que todas as galegas e galegos vexan cumprido o seu dereito a unha vida digna cando as súas circunstancias lles impiden poder facelo autonomamente.

O colectivo entende ademais que así non terán que ser as mulleres, unha vez máis, as que asuman en exclusividade esas tarefas de coidado.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....