Información
Galicia

ESTREA NA REDE DE RELAX & SIESTA: TERRA DE CELANOVA

Información
06 Julio 2016 3730 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • RS Terra de Celanova 1Xudit Casas e Adrián Saavedra invítannos a deixarnos levar cunha imaxen atípica de Galicia.

  • A Terra de Celanova retratada grazas á colaboración de Arxuína Producións e a Mancomunidade Terra de Celanova.

Celanova, 06 de xullo de 2016.- Arxuína Producións, en colaboración coa Mancomunidade Terra de Celanova, estrean na rede a nova entrega da serie Relax & Siesta, adicada á Terra de Celanova.

A obra pódese ver libremente no seguinte enlace: https://youtu.be/7eA-gLzZrKg">https://youtu.be/7eA-gLzZrKg

Segunda entrega: Terra de Celanova

Terra de Celanova gravouse durante a época estival, polo que mostra paisaxes de Galicia atípicos do imaxinario popular, lonxe da choiva e dos ceos grises. Aínda así, destaca o contraste coa anterior obra, realizada na illa de Mallorca.

A rodaxe levouse a cabo nos concellos de Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Ramirás, Cartelle, Pontedeva, A Merca e Celanova. Non obstante, tampouco veremos os enclaves históricos aos que temos costume. Casas e Saavedra presentan unha obra que mostra e reivindica o valor do noso patrimonio natural. “Esta zona é formidable para facer sendeirismo e outros deportes, e moitos planos rodáronse en diferentes rutas”, engade a directora celanovesa. Afincada en Madrid, manifesta o bo e o malo de rodar na casa, xa que “coñecín un pouco máis o meu fogar, algúns currunchos marabillosos, pero tamén me presionei por xogar na casa. Anque leda, estou algo nervosa, espero que lle guste á xente da miña terra.”

Colaboración da Mancomunidade Terra de Celanova

Esta obra é posible grazas á cooperación coa Mancomunidade”, afirman Casas e Saavedra, “é fundamental que a nosa cultura sexa apoiada polas institucións, e máis na actualidade. A Mancomunidade é un exemplo de que é posible. Agradecemos a confianza que depositaron no noso traballo e desexamos que o resultado sexa do agrado do público.”

Pola súa parte, José Antonio Pérez, presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, considera que “esta colaboración ten tres pilares fundamentais: o fomento do turismo e dar a coñecer a riqueza paixasística da Mancomunidade; a promoción do patrimonio e cultura audiovisual, tan potente na nosa zona; e o recoñecemento ao traballo dunha muller. Unha artista oriúnda e moi prolífica que xa puxo estas terras no mapa en numerosas ocasións pese a súa xuventude.”

Unha obra para deixarse levar

Relax & Siesta é a primera serie adicada exclusivamente a durmir a sesta, cuxo primeiro volume é Mallorca. Os vídeos teñen unha duración de entre 20 e 30 minutos, o tempo aconsellado científicamente para esta costume tan arraigada. “Ademáis, a maioría destes vídeos de relaxación só se centra na música e non coida a imaxe,” afirma Casas, “quería unha obra que pensase tamén nos que non durmimos a sesta pero que nos apetece relaxarnos uns intres e deixarnos levar a través de imaxes suxerentes.”

Atendendo a composición musical, Adrián Saavedra explica que “a música de Terra de Celanova xorde coma unha extensión da propia imaxe. Traza unha liña que vai evolucionando dende un minimalismo, por definición estático, ata unha sonoridade máis colorística que se nutre da imaxe para crear unha paisaxe evocadora. Sen chegar a ser densa en ningún momento, o principal obxectivo segue sendo o Relax & Siesta.

Arte para botar unha soneca

A videoartista celanovense experimenta para darlle unha volta aos vídeos de relaxación e, usando as imaxes a modo de postais en movemento, introduce neste volume, fermosas paisaxes propias dos documentais de natureza cun concepto artístico. Este traballo caracterízase por usar o plano subxectivo para trasladar ao público aos concellos de Verea, Pontedeva, Quintela de Leirado, Cartelle, Gomesende, Ramirás, A Merca e Celanova. Todo esto, xunto cunha fermosa composición para piano do músico pontevedrés Adrián Saavedra, fará que esta obra sexa unha delicia sonora e visual para o público, a non ser que o sono llo impida.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago