O Carballo Interplay amosará novas narrativas dixitais con Andreu Meixide, a webserie Entertainment ou Os Zopilote

Información
13 Abril 2016 3529 votos - Registrate para votar

Entertainment

Protagonistas da webserie "Entertainment"

A terceira edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de maio, amosará as últimas tendencias do mundo das novas narrativas da man de Andreu Meixide, un dos principais expertos españois en non ficción web, e de Miriam Heranz, responsable do Laboratorio de innovación audiovisual de RTVE.es, o departamento da compañía de radio televisión pública adicado a experimentar coas ferramentas e linguaxes audiovisuais máis avanzadas, como o webdoc, o vídeo interactivo ou a visualización de datos. Andreu Meixide é un coñecido director e realizador de documentais (Soy Rambla2), webdocumentais (Parkcelona) e webseries (Bloc dels Pescadors) que ofrecerá unha masterclass sobre Narrativas dixitais de non ficción. Meixide é, tamén, responsable de BccN Barcelona Creative Commons Film, CCMad e director de contidos de DocS.21 Festival Documental Narrativas Digitales de Zaragoza.
Todas elas son iniciativas para promover e investigar sobre as posibilidades que ten o cine e o audiovisual para crear novas narrativas derivadas de enfoque en rede con lóxica da era dixital. Miriam Hernánz, xornalista que formou parte do equipo fundacional da RTVE.es e que ahora dirixe o Lab de RTVE.es, falará deste departamento da cadea pública que leva varios anos apostando polas narrativas audiovisuais máis vangardistas. Hernánz especializouse na creación de webdocs e reportaxes interactivas, como JFK Sombras de un magnicidio ou Fracking, fiebre del gas, e baixo a súa dirección realizáronse os primeiros proxectos de VR de RTVE.es ou a primeira curta de ficción interactiva.

Os Zopilote, responsables de máis de 300 guións de ficción galega e do deseño de máis dunha ducia de programas, estarán con nós no InterPlay

Dentro da categoría de novas narrativas encádrase tamén a webserie en formato de falso documental Entertainment, que estreará en exclusiva no Carballo Interplay a súa segunda temporada. Os seus creadores, David Sainz e Teresa Segura, presentarán a proxección dos novos e agardados capítulos desta webserie que conta a vida dos integrantes de Different Entertainment SL despois da webserie de éxito Malviviendo. Sainz e Segura son, tamén, os responsables do obradoiro de Creación dunha webserie que se desenvolverá a semana antes do festival en Carballo e para o que aínda hai prazas dispoñibles. Máis información, na web.
Os Zopilote son Xosé Castro, Andrés Mahía y Carlos Ares, os tres guionistas máis populares da ficción galega. Son os responsables de máis de trescentos guións, así como do deseño de máis dunha ducia de programas e series de televisión, entre as que destacan Mareas Vias, Terra de Miranda, Pepe o Inglés, Air Galicia, O Nordés e Era Visto!, unha das ficcións de maior éxito da TVG nos últimos anos. Agora atrévense a recoller o relevo que lles deixa Xosé Antonio Touriñán e Belén Regueira e afrontar o reto de expoñer publicamente o seu Código Fonte Audiovisual, cunha proxección-conferencia na que repasarán as películas, series e "artefactos audiovisuais" que forman os seus referentes. Un dos imperdibles deste CIP, sen dúbida.

Malandrómeda no concerto de clausura

Despois de cinco anos de silencio discográfico, o dúo de hip hop galego Malandrómeda volveu con dous LP´s simultáneos: Cada can que lamba o seu carallo e Os corenta oito nomes do inimigo, que presentarán no concerto de clausura do Festival, o sábado 7 á tardiña no Pazo da Cultura de Carballo. E xunto a eles, o estilo eclectico e variado de DJ Teresa da Praia, que pretende poñer todo o público a bailar. Esta Dj comezou a súa andadura en Río de Janeiro e voltou logo a Coruña, a súa cidade natal, onde desenvolve unha intensa actividade musical e é asidua clubs, bares e festivais, como o de sereas e piratas da Praia de Razo.
Estas actividades súmanse ás xa anunciadas pola organización do CIP, que nas semanas anteriores adiantaba a presenza no Festival de creadores de contidos para a rede, youtubers, vídeo bloggers, pranksters e viners tan coñecidos como os Hermanos Podcast, Da Suisa, Adrián López, Dulceedeleche, Tworumbel, os Páramo Pictures, os Poetarras e os responsables da webserie Fame. Todas as actividades do festival son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago