Unha experta xurídica da Comisión Europea analizará in situ do 9 ao 13 de setembro os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza no territorio do río Miño

Información
29 Agosto 2019 1259 votos - Registrate para votar
Rio miño transfronteirizo

Unha experta xurídica da Comisión Europea analizará in situ do 9 ao 13 de setembro os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza no territorio do río Miño, dentro da iniciativa "B-Solutions Boosting Minho river Cross-Border Mobility", un dos proxectos para os que o AECT Rio Minho acaba de recibir financiamento, segundo informou o deputado provincial e director do agrupamento europeo, Uxío Benítez.

 

Este proxecto, promovido pola Comisión Europea e pola Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa, ten como obxectivo analizar os obstáculos legais para a mobilidade na fronteira do río, análise que realizará unha experta xurídica coñecedora da área –estará no territorio en setembro–, que axudará na estruturación, definición e identificación de obstáculos para a mobilidade no territorio e na preparación dunha proposta de solucións para presentar ás distintas administracións públicas galegas, portuguesas e europeas que supervisan o sector do transporte.

Esta experta xurídica manterá un programa de reunións e visitas no territorio que lle permitirán recoller a información necesaria para o estudo, así como a elaboración dunha proposta de solucións para entregar á Comisión Europea.

"Rede Lab Minho"

AECT Rio Minho recibiu tamén a aprobación do proxecto "Rede Lab Minho". O proxecto, que se manterá ata decembro de 2021, prevé a creación e promoción dunha rede de cooperación e observación de dinámicas transfronteirizas locais, o apoio ás experiencias de cooperación local entre as distintas eurocidades do Miño (Tui-Valença, Cerveira-Tomiño e Salvaterra-Monção), así como outras vilas fronteirizas como A Guarda-Caminha e Arbo-Crecente-Melgaço que, aínda que non se constitúen como eurocidades, manteñen relacións de cooperación dentro dos proxectos "Smart Minho" e "Visit Rio Minho".

"Rede Lab Minho" conta cun investimento de 345 mil euros cofinanciados ao 75 % con Fondos FEDER, dentro da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) INTERREG VA, e ten como obxectivo específico a creación dunha rede de gobernanza transfronteiriza coa que se poderán xerar políticas públicas de benestar da cidadanía; a capacitación, información e sensibilización das estruturas locais de cooperación transfronteiriza (bilaterais) para dar pulo a un maior grao de cooperación territorial; aproximar institucionalmente os modelos de gobernanza dos bens públicos á cidadanía, coa realización conxunta de actividades e iniciativas. Axudará tamén á consolidación do AECT Rio Minho e á súa capacidade para cumprir os seus obxectivos de crear esas novas sinerxías transfronteirizas entre os diferentes concellos.

AECT Rio Minho

Coa aprobación destes dous proxectos, o AECT logra novos mecanismos de promoción e pulo da cooperación transfronteiriza no territorio.

Estes dous proxectos súmanse aos outros dous nos que xa participa o AECT Rio Minho ("Visit Rio Minho" e "Smart Minho"), que teñen como obxectivo principal a cooperación transfronteiriza, grazas ao desenvolvemento de sinerxías económicas, culturais e sociais en 26 municipios, tanto galegos como portugueses, ás dúas beiras do Miño.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago