Información
Galicia

Preparan aos concellos da Provincia de Lugo para comenzar a cobrar unha nova tasa as compañías enerxéticas

Información
25 Agosto 2019 981 votos
Rolda de Prensa da Xunta de Goberno
O Goberno provincial avanza nesta iniciativa pioneira que permite abrir unha nova fonte de ingresos ás entidades locais aplicando un tributo ás empresas eléctricas e de gas polo uso que fan dos bens de dominio público

A Xunta de Goberno adxudicou o conxunto de traballos técnicos, económicos e administrativos necesarios para aplicación da taxa, entre eles, a elaboración de inventarios das liñas eléctricas e dos gaseoductos, e a confección de ordenanzas fiscais

A Deputación de Lugo avanza no proxecto pioneiro que ten en marcha co fin de que os Concellos da provincia poidan obter novos recursos económicos a través da aplicación dunha taxa ás compañías eléctricas e de gas polo uso que fan dos bens de dominio público para o transporte da enerxía. Para conseguir a implantación deste novo tributo municipal, a Deputación asinou xa o ano pasado un convenio de colaboración cos 53 concellos da provincia que decidiron sumarse a este proxecto, o que supón preto do 80% do total dos municipios lucenses.


O Presidente da Deputación, José Tomé, informou de que o paso dado este venres polo organismo provincial foi a aprobación na Xunta de Goberno da adxudicación do conxunto de traballos técnicos, económicos e administrativos que son necesarios para a aplicación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local que fan as empresas de subministro eléctrico e gas. En concreto, as tarefas contratadas son as seguintes:


-    A confección de ordenanzas fiscais reguladoras desta taxa para os 53 concellos adheridos ao convenio.
-    A revisión e actualización dun inventario xa realizado pola Deputación das liñas de transporte de enerxía eléctrica de media e alta tensión.
-    A elaboración dun inventario das redes de transporte de gas.
-    A elaboración dos informes técnicos, xurídicos e económicos nos que se defina o procedemento para o cálculo da taxa.
-    A estimación dos ingresos que supoñerá a implantación da taxa para cada concello.
-    E o asesoramento pericial ante calquera posible recurso das compañías distribuidoras de enerxía afectadas pola nova ordenanza.


Estes servizos serán prestados pola UTE gañadora do contrato que saíu a licitación, integrada por Hijos de Valbuena y Ron SL e Iurislocalia LSP. O orzamento no que foi adxudicado o contrato é de 246.393,51€ e o prazo de execución é de 4 anos, aínda que durante os primeiros 8 meses, a adxudicataria terá que elaborar o inventario das afeccións das liñas eléctricas aos bens municipais de dominio público e o estudio técnico económico para a implantación da taxa. 


“Este interesante e ambicioso proxecto é froito do noso compromiso coa máxima cooperación cos Concellos para que poidan mellorar e ampliar os servizos que prestan ós veciños e veciñas”, subliñou o Presidente.
Os 53 Concellos adheridos ao convenio impulsado pola Deputación para implantar a taxa ás compañías enerxéticas polo uso do dominio público son os seguintes: Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Baralla, Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, Chantada, O Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo,  A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Riotorto, Rábade, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro.


Remata a adxudicación dos desbroces
O Goberno rematou este venres coa adxudicación do servizo de desbroce das estradas provinciais. Dos 24 lotes nos que está dividido o contrato, adxudicáronse a metade nas dúas primeiras xuntas de goberno deste novo mandato, e quedaban tres, que se aprobaron hoxe. Son os seguintes: 
-    Mondoñedo e Abadín: 69.615,99€. Fará os traballos a empresa Transformaciones Agrarias Os do Campo SL.
-    Negueira de Muñiz e Navia de Suarna: 74.061,68€.  Adxudicado a Maikel López López.
-    Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos: 92.795,44€. Realizará as tarefas Desbroce y Jardinería Ancares SL. 

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a xustificación de 9 subvencións por un valor conxunto de máis de 18.600€ concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Con este programa, froito do compromiso da Deputación coa xeración de riqueza e emprego no rural potenciando o sector agrogandeiro, recuperáronse na edición do pasado ano 582has de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago