A Deputación de Lugo propón á Deputación de Ourense, Valedora do Pobo e Consellería de Cultura un encontro para desbloquear a candidatura da Ribeira Sacra

Información
01 Julio 2016 3351 votos - Registrate para votar

IMG 1014- A reunión será no Pazo de San Marcos en xullo. Campos Conde decidir tomar a iniciativa, tendo en conta que se vai a cumprir un ano dende que se pediu colaboración á Xunta para continuar con esta iniciativa sen obter resposta

- O equipo de expertos da Valedora do Pobo, logo de ver que era necesario modificar a documentación, solicitou en xuño de 2015 á Dirección Xeral de Patrimonio unha reunión técnica para atopar solucións conxuntas, pero non recibiu resposta

- "Conseguir que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade non é unha Quijotada. É unha gran obra, que co compromiso de todos nós conseguirémola para que, ao igual que co Quijote, a Ribeira Sacra poida ser lida en todos os idiomas"

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, avanzou este venres que o organismo provincial lugués vén de poñerse en contacto coa Deputación de Ourense, a Valedora do Pobo e a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultural para manter un encontro no que desbloquear a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Esta reunión terá lugar durante o mes de xullo no Pazo de San Marcos.

Campos Conde decidir tomar deste xeito a iniciativa, tendo en conta que se vai a cumprir un ano dende que se pediu colaboración á Xunta para continuar con esta iniciativa e non houbo resposta algunha. "Conseguir que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade non é unha Quijotada. É unha gran obra, que, co compromiso de todos nós, estou convencido que a conseguiremos, para que, tal e como acontece co Quijote, a Ribeira Sacra poida ser lida en todos os idiomas, e recoñecida máis alá das nosas fronteiras".

Así o destacou o Presidente durante a inauguración da convención "Constitución de Red de Ciudades y Territorios de España" en Monforte de Lemos, na que tamén participaron o Alcalde, José Tomé Roca, o Conselleiro de Economía, Francisco Conde López, o Secretario da Comisión Española da UNESCO, Federico Palomera Güez, e a Presidenta da Asociación España Creativa, Belén Elisa Díaz.

Cronoloxía dos feitos

O Presidente subliñou que "hai tempo que a Deputación de Lugo apostou por acadar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; un proxecto ao se sumou a Deputación de Ourense, pois as provincias lucense e ourensá compartimos este paraíso único, que se distribúe en 21 Concellos. Xuntos acudimos ao Valedor do Pobo para elaborar, coa axuda dun equipo de expertos, a documentación necesaria para esta candidatura. Fixémolo e presentámola á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, xa que é este departamento da Xunta de Galicia o responsable de presentar esta candidatura ao Ministerio de Cultura quen, á súa vez, ten que dirixila á UNESCO".

Patrimonio indicou que era necesario facer modificacións nesta documentación para adaptala ás directrices da UNESCO. E o equipo de expertos do Valedor do Pobo respondeulle, solicitando colaboración. Pasou un ano dende entón e nada se sabe, pois a Xunta nin responde, nin se puxo en contacto coas administracións implicadas.

Datas

Deputación de Lugo e Ourense financiaron con 100.000 euros a elaboración dun estudo técnico científico para a redacción da candidatura. Coordinou este traballo o Valedor do Pobo. Os informes técnicos imprescindibles para elaborar os Bens de Interese Cultural (BIC), que son o paso previo para a preparación da candidatura, entregáronselle á Consellería de Cultura en xuño de 2015. Posteriormente, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural enviou á Valedora do Pobo un informe valorando a documentación aportada, pero só parcialmente. No documento da Consellería indicase que é necesario elaborar un resumo dos informes técnicos, axustándose ás esixencias tanto do BIC como as directrices da UNESCO.

De seguido, a Valedora do Pobo púxose en contacto coa Consellería manifestando o compromiso do seu equipo coa candidatura e solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio que designase un técnico da propia consellería para poder revisar e validar toda a información, nunha sesión de traballo conxunta. O equipo de expertos non recibiu resposta algunha neste senso, a pesar de que é a Dirección Xeral de Patrimonio a administración que ten que facer o envío da documentación da candidatura.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago