Patricia Vilán chama a abrir "unha nova etapa" no Valedor do Pobo para "limpar o prestixio da institución"
Patricia Vilán chama a abrir "unha nova etapa" no Valedor do Pobo para "limpar o prestixio da institución"
Información
29 Julio 20191266 votos - Registrate para votar
A vicevoceira parlamentaria asegura que “non bloqueamos as institucións” e valora a intervención “feminista e ecoloxista” da persoa proposta para relevar a Milagros Otero
Patricia Vilán esixe coñecer o custe do recurso de casación, que non foi aceptado polo Supremo, que presentou a anterior valedora trala condena do TSXG
Santiago, 29 de xullo de 2019. A vicevoceira do Grupo Socialista, Patricia Vilán, interveu hoxe na Comisión de Peticións do Parlamento galego tras escoitar a Dolores Fernández Galiño, a maxistrada proposta para o cargo de Valedora do Pobo, para chamar a abrir “unha nova etapa” nesta institución.
Sobre todo, como dixo, porque urxe “iniciar unha labor de limpeza do prestixio” desa oficina despois de que a presión política fundamentada nunha sentenza xudicial obrigase a dimitir a anterior Valedora.
“Xa non estaba lexitimada para exercer o seu cargo”, sinalou Patricia Vilán, para recordar as condenas por facer “un traxe a medida” a unha irmá dun alto cargo do PP. A partir de aí, como explicou, dende o PSdeG “non bloqueamos as institucións”, senón que “queremos contribuír a forxar unha nova etapa”.
Ao fío diso, a deputada socialista saudou o discurso “feminista e ecoloxista” de Fernández Galiño e pediu que se dea a coñecer o custe do recurso de casación, que nin sequera foi aceptado polo Tribunal Supremo, presentado pola anterior valedora.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)