Información
Galicia

Feijóo ten esquecido o apoio económico do Goberno para as seleccións galegas de fútbol gaélico que están na elite mundial deste deporte

Información
28 Julio 2019 382 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O BNG leva ao Parlamento iniciativas para que o Goberno galego fomente as seleccións deportivas nacionais e apoie a súa participación en competicións internacionais, ao tempo que tamén demanda do Executivo de Feixóo apoio para as seleccións nacionais masculina e feminina de fútbol gaélico que están na elite mundial deste deporte.

 

Neste sentido, e con motivo da participación das seleccións nacionais masculina e feminina nos GAA Word Games, -campionatos do mundo de fútbol gaélico en  Waterford e Dublín entre o 28 de xullo e o 1 de agosto-, o BNG amosa todo o seu apoio aos combinados nacionais galegos e deséxalles os mellores éxitos para que sigan sumando logros internacionais.

Cómpre lembrar que esta participación vén precedida dun moi bo resultado no anterior mundial, no que a selección feminina obtivo o primeiro posto mentres que a masculina lograba o subcampionato no europeo de fútbol gaélico de 2018 en Lorient (Bretaña).

Pese a esta brillante traxectoria internacional, as seleccións nacionais de fútbol gaélico non contan co necesario apoio institucional do Goberno da Xunta, o que obriga aos combinados galegos a depender de patrocinios privados, de colaboracións de concellos e dunha campaña de recadación de achegas particulares.

Para rematar con esta situación, o  BNG presenta no Parlamento iniciativas para que a Xunta promova as seleccións galegas e apoie economicamente a participación dos combinados nacionais en competicións internacionais.

“Para o BNG as seleccións deportivas galegas son un símbolo da identidade nacional, da cohesión social, da autoestima e da capacidade de Galiza como pobo. A súa proxección e éxito internacional fai que actúen como embaixadoras do noso país e trasladen ao mundo unha imaxe positiva do que somos e do noso inmenso potencial colectivo”, salienta o deputado Luís Bará, promotor das iniciativas no Cámara galega.

https://planetatour.wordpress.com/2017/06/27/futbol-gaelico/

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....