O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no mandato 2019-2023. SE NEGARON A INFORMAR SOBRE QUE CUANTÍA SE SUMARA AS QUE XA RECIBEN NOS SEUS CONCELLOS CORRESPONDIENTES, teñen medo a unha manifestación popular. Para pensions non ai cartos pero para subirse os seus "SOBRESUELDOS" sobran...
Todos os puntos da orde da día foron aprobados por unanimidade de todos os grupos políticos, agás o PP que se abstivo no punto das delegacións de competencias do pleno na Xunta de Goberno e na designación de representantes da Deputación en distintos organismos. O deputado de Marea Atlántica, Alberto Lema, abstívose no punto 7 da Orde do Día sobre o réxime de sesións, aínda que posteriormente aclarou a súa vontade de se abster no punto 11, no que se recollen as retribucións da corporación, punto no que votou favorablemente durante a sesión.
O pleno aprobou a creación de nove comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:
1. Deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior: Don Antonio Leira Piñeiro (PSOE)
2. Deputada de Benestar Social e Educación: Dona Ana Lamas Villar (PSOE) Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Educación a Dona Sandra González Castro (PSOE)
3. Deputado de Promoción Económica e Asistencia a Municipios: Don José Blas García Piñeiro (PSOE). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Asistencia a Municipios a Don José Manuel Lage Tuñas (PSOE).
4. Deputado de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural: Don Xosé Regueira Varela (BNG)
5. Deputado de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras Provinciais: Don José Manuel Pequeño Castro (PSOE)
6. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística: Don Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de políticas de igualdade e normalización lingüística a Dona María del Carmen Muiño Filgueira (BNG)
7. Deputada de Deporte e Xuventude: Dona Cristina Capelán Cancelo (PSOE). Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de xuventude a dona Sandra González Castro (PSOE).
8. Deputado de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento: Don Xosé Luis Penas Corral (BNG)
9. Deputado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible: Don José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas asignadas, a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias delegadas.
As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doce deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grupo Provincial Socialista, un ao Grupo do BNG, un ao de Marea Atlántica e un de Alternativa dos Veciños.
O portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Rosa Gallego Neira (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE e portavoz do Goberno provincial), María del Carmen Muíño Filgueira (BNG), Alberto Lema Suárez (Marea Atlántica) e Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños).
A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e estará integrada polo presidente, Valentín González Formoso (PSOE) e os dez deputados seguintes: Xosé Regueira Varela (vicepresidente.BNG), Cristina Capelán Cancelo (PSOE), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), José Blas García Piñeiro (PSOE), Ana Lamas Villar (PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), José Manuel Pequeño Castro (PSOE), José Ramón Rioboo Castro (PSOE), Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG), Xosé Luis Penas Corral (BNG).
Réxime de retribucións e indemnizacións
O réxime retributivo da corporación recupera os niveis de 2011. O presidente terá unhas retribucións anuais brutas de 71.523,20 €, mentres que as do vicepresidente serán de 63.000 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 60.426,57 euros brutos ao ano, mentres que as medias dedicacións supoñen 30.213,28 € anuais.
O pleno aprobou 15 dedicacións exclusivas e 2 parciais por un importe total de 980.495,17 euros anuais.
As indemnizacións por asistencia a pleno serán de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros. Cando coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a percibir unha soa asistencia.
O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual
Nomeamento de representantes da Deputación en organismos
O pleno aprobou tamén o nomeamento dos representantes da Deputación en diferentes organismos, segundo o seguinte cadro:
ORGANISMO |
REPRESENTANTE/S |
Biblioteca do Real Consulado |
Xosé Xurxo Couto Rodríguez |
Comisión de seguimento do Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios e Provincias e As Deputacións Provinciais en materia de Emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de Emerxencias Supramunicipais |
José Ramón Rioboo Castro |
Comisión Galega de Cooperación Local |
Valentín González Formoso |
Comisión Galega de Protección Civil |
José Blas García Piñeiro |
Comisión institucional no Marco do Protocolo de colaboración de desenvolvemento do Pacto Local para a xestión do Ciclo Urbano da Auga entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Xunta de Galicia |
José Ramón Rioboo Castro |
Comisión provincial de colaboración do Estado coas Corporacións Locais |
Valentín González Formoso |
Comisión provincial de Violencia de Xénero da Coruña |
María del Carmen Muiño Filgueira |
Comisión Superior de Urbanismo de Galicia |
Valentín González Formoso |
Consello de Administración de Portos de Galicia |
Bernardo Fernández Piñeiro |
Consello de Administración de Xestur, S.A. |
Valentín González Formoso |
Consello Territorial da Axencia Turismo de Galicia |
Xosé Regueira Varela |
Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria da Coruña capital e provincia |
José Manuel Lage Tuñas |
Consorcio do Depósito Franco do Porto da Coruña |
Bernardo Fernández Piñeiro José Manuel Lage Tuñas Antonio Leira Piñeiro |
Consorcio Provincial da Coruña para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento |
Valentín González Formoso Xosé Luis Penas Corral José Ramón Rioboo Castro |
Cruz Vermella Española (Comité Provincial) |
Ana Lamas Villar |
Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) |
Valentín González Formoso |
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
José Ramón Rioboo Castro |
Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) |
Valentín González Formoso Cristina Capelán Cancelo María del Carmen Muiño Filgueira José Ramón Rioboo Castro |
Fundación Camilo José Cela |
Valentín González Formoso |
Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (Padroado) |
Cristina Capelán Cancelo |
Fundación Eugenio Granell |
Milagros Castro Sánchez |
Fundación EXPONAV |
Valentín González Formoso |
Fundación GALICIA - EUROPA |
Valentín González Formoso |
Fundación GONZALO LÓPEZ ABENTE |
Xosé Xurxo Couto Rodríguez |
Fundación Gonzalo Torrente Ballester |
Ana Lamas Villar |
Fundación Privada Democracia y Gobierno Local |
Valentín González Formoso |
Fundación Rosalía de Castro |
Xosé Xurxo Couto Rodríguez |
Fundación Terra de Trasancos |
Ana Lamas Villar |
Fundación Universidade da Coruña - FUAC |
José Manuel Lage Tuñas |
Instituto Feiral da Coruña (IFECO) |
José Manuel Lage Tuñas Antonio Leira Piñeiro |
Mesa Provincial de Comercio Local |
José Blas García Piñeiro |
Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón (Padroado) |
Xosé Xurxo Couto Rodríguez |
Museo do Pobo Galego (Xunta Rectora) |
Xosé Xurxo Couto Rodríguez |
Parque Natural Complexo DUNAR de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán |
Sandra González Castro |
Parque Natural das Fragas do Eume (Xunta Rectora) |
José Ramón Rioboo Castro |
Parque Natural das Illas Atlanticas (Padroado e Xunta Consultiva) |
Xosé Regueira Varela |
Red Española de Turismo Ingustrial (RETI) |
Xosé Regueira Varela |
Reserva da Biosfera “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO” |
Cristina Capelán Cancelo Bernardo Fernández Patiño Xosé Regueira Varela José Ramón Rioboo Castro |
Sección de EELL con aguas minerales y termales de la FEMP |
Xosé Regueira Varela |