Información
Galicia

Feijóo “non fixo nada” ante o goberno de Rajoy e que a súa única medida para Meirás foi “entregar aos Franco 50.000 euros” de cartos públicos

Información
21 Julio 2019 284 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe que Feijóo saia agora tratando de “colgarse medallas” a conta da iniciativa do goberno socialista para recuperar o Pazo de Meirás cando “non fixo nada” ao longo dos seus 10 anos de mandato.

Tampouco fixo “nada” Feijóo, recordou o líder dos socialistas galegos, ante o goberno de Mariano Rajoy, pouco partidarios ambos de “incomodar” aos Franco.

 

Proba disto é a “inacción” do goberno da Xunta, tantas veces denunciada polo PSdeG, mentres a familia do ditador se negaba a abrir o pazo ao público pese á obriga legal que levou consigo a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural a instancias do goberno de Emilio Pérez Touriño.

É máis, a consecuencia desas denuncias, a reacción do goberno de Feijóo foi entregar aos Franco máis de 50.000 euros de diñeiro público para sufragar a súa apertura.

Tampouco houbo ningunha reacción do goberno da Xunta ante as reiteradas queixas dos visitantes da que fora residencia de Emilia Pardo Bazán pola “apoloxía do franquismo” que facían os guías –da Fundación Francisco Franco- durante o percorrido polas instalacións.

Por todo isto, Gonzalo Caballero acusou a Feijóo de “falsear a realidade” para tratar de “colgarse as medallas” da loita pola recuperación do pazo para o patrimonio público.

Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG recordou as súas xestións ante o goberno que dirixe Pedro Sánchez para, “con respecto ás normas e con solvencia xurídica”, lograr que o Pazo de Meirás volva a mans da cidadanía. “Este é un goberno que cumpre”, concluíu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+