Información
Galicia

Novos datos sobre a Torre de Hércules fixan os comezos da súa construción antes de Cristo

Información
17 Julio 2019 376 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Colmenero, Losada e Goy, na presentación do libro 'O faro romano de Brigantium Flavium, Torre de Hércules da Coruña'. Foto La Opinión

A construción da Torre de Hércules data do século I antes de Cristo, segundo recolle o historiador Antonio Rodríguez Colmenero na monografía 'O faro romano de Brigantium Flavium, Torre de Hércules da Coruña', un volume editado polo Centro de Estudos da Cidade da USC, dirixido polo catedrática e profesora na Facultade de Humanidades da USC Ana Goy Diz, en colaboración coa Autoridade Portuaria (titular da propiedade do faro), no que o autor recolle cinco anos de pescudas sobre este monumento.

 

O catedrático xubilado de Historia Antiga da USC comezou esta liña de traballo hai xa preto dunha década, cando en 2011 botou a andar co impulso da Xunta de Galicia a Rede de Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro. Unha vez cumpridos os obxectivos cos que naceu esta rede, Rodríguez Colmenero centrou as pescudas neste singular faro romano para agora compilar as conclusións deste estudo nunha monografía de máis de 300 páxinas a toda cor que sae á luz xusto cando se cumpre o décimo aniversario do ingreso da Torre de Hércules no patrimonio mundial.

 

As principais achegas desta obra afectan tanto á nova datación do comezo da construción deste faro, que Rodríguez Colmenero sitúa uns anos antes de Cristo, xa durante o mandato do emperador Augusto, como á finalidade e usos do mesmo, dado que alén das funcións marítimas, o faro tamén cumpría obxectivos defensivos e militares, e mesmo respecto do sistema de iluminación, que facía emprego de espellos que reflexaban dos lumes alimentados con aceite.

 

O investigador estima que o faro coruñés é máis antigo do que até agora se pensaba e fixa os comezos da súa edificación entre os anos 13 e 5 antes de Cristo. Rodríguez Colmenero considera asemade que a Torre de Hércules forma parte dunha serie que se estendía polo Cantábrico ao longo dunha ruta que chegaba até Germania e que se levantou en homenaxe ao emperador Augusto e xusto nunha época de clima bélico.

 

A monografía 'O faro romano de Brigantium Flavium, Torre de Hércules da Coruña' tamén interpreta a mención feita polo xeógrafo grego Ptolomeo á costa galega na que menciona "tres claros" refírese ao faro coruñés porque o prisma con espellos existente na súa lanterna facía que de lonxe se visen tres luces. O achado dunha inscrición alusiva á legio Gémina X nas paredes do faro coruñés, un fito que constata os seu cometido militar, é outra das apartacións desta obra, na que Rodríguez Colmenero tamén explica a dirección desta obra recaerá nun arquitecto luso, como é o caso de Cayo Sevio Lupo, débese a que Brigantium Flavium pertencía entón á provincia de Lusitania, que anos máis tarde pasou á Citerior.

 

O sistema de iluminación da Torre de Hércules ofrecía información aos barcos, pero tamén servía para comunicarse de xeito máis rápido co interior. De feito, Colmenero relata neste libro que as sinais de luz do faro eran perfectamente visibles desde o asentamento romano de Sobrado dos Monxes, un enclave moito máis preto de Lucus Augusti, a principal capital romana do interior na época.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+