Información
Galicia

As galegas e galegos claman por unha enerxía ao servizo do pobo posta aos ervicio de quen fuxe de pagar impostos a Galicia baixo o apoio do goberno de Feijóo

Información
10 Julio 2019 324 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

FOTO, O INTERÉS DE FEIJOO E PPDEG NON ESTA CO POBO, ESTA AO LADO DE QUEN EXPLOTAGRATUITAMENTE OS RECURSOS DOS GALEGOS/AS

Unha representación da executiva confederal da CIG e delegados/as das industrias electrointensivas fixeron entrega, esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, das 13.713 sinaturas que respaldan a ILP impulsada pola central sindical, na que se contempla reverter á xestión pública dos saltos e aproveitamentos hidráulicos; a revisión de todas e cada unha das concesións galegas, para ver se están cumprindo as cláusulas establecidas nas mesmas e que, 3 anos antes de que remate unha concesión, a administración inicie xa os trámites administrativos previos para a súa reversión, evitando que regrese ao negocio privado.

 

A central sindical puxo en marcha esta nova ILP, como xa fixera recentemente coa da Tarifa Eléctrica galega e coa Proposta sobre Tarifa Eléctrica para a industria electrointensiva, ante a necesidade de seguir reclamando aos gobernos e parlamentos que a enerxía sexa considerada como un servizo público, un ben básico.

Neste sentido, tras da entrega das sinaturas, o secretario xeral, Paulo Carril, asegurou que “non é un ben de consumo calquera” e demandou “urxentes políticas públicas en defensa do interese xeral” que, ao seu entender permitirían “frear os aumentos constantes dos prezos da electricidade impostos polo réxime de oligopolio que controlan as empresas eléctricas”.

Lembrou que as tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo doméstico e as oitavas para o sector industrial e asegurou que “están a provocar que máis poboación estea na pobreza enerxética ou que máis empresas pechen polos altos prezos da enerxía”.

Valor estratéxico

O secretario xeral da CIG asegurou que o sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no seu Produto Interior Bruto (PIB) e por ser un factor relevante na produción industrial. Subliñou que “exportamos o 40% da produción de electricidade” mais que “a pesar desa importancia, a Galiza négasenos a capacidade para deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento de recursos enerxéticos para a industrialización, a creación de emprego e para garantir o dereito universal de toda a poboación ao consumo de enerxía”.

Denunciou que ao longo destes anos, por decisións políticas, Galiza desempeña un papel de subministradora de enerxía eléctrica para o resto do Estado español “espoliándose os nosos recursos, destacando, entre outros sistemas de produción eléctrica, os saltos hidráulicos”.

De feito Galiza conta con 3.738 MW de potencia hidráulica instalada, que representa o 18% da potencia hidráulica do Estado, e ten unha produción media, con respecto ao Estado, do 23% no último decenio.

Saltos hidráulicos

Carril sinalou ademais que en Galiza hai 166 centrais hidráulicas e lembrou que a súa construción supuxo a perda de núcleos de poboación, o desprazamento dos seus habitantes e o asolagamento de terras fértiles. Unha ocupación que “non foi nunca pacífica”, dixo.

Porén denunciou que malia esta grande capacidade de produción hidroeléctrica levar aparellados uns moi importantes custos sociais e ambientais, “Galiza non tirou ningún proveito desta actividade económica”.

A grande maioría desta concesións fixéronse cando a retribución da produción hidroeléctrica estaba fixada polo Goberno central e, desde a aprobación da Lei 54/1997, do Sector Eléctrico, a súa retribución xa depende do mercado maximalista (pool), igualándose á retribución da tecnoloxía de produción eléctrica máis cara de cada hora, polo que agora a enerxía hidráulica recibe o que no sector se denominan como beneficios chovidos do ceo. É dicir, estas concesións tiveron e teñen un grande incremento de beneficios sen que repercutise, ou fose compensado, con contraprestacións sociais nos territorios onde se construíron.

No remate da vixencia da concesión, a lexislación obriga a revertelas á administración pública en perfectas condicións de funcionamento. Con todo, a arbitrariedade nas concesións iniciais e as modificacións lexislativas acomodadadas aos intereses das concesionarias fan que non exista ningunha planificación para a recuperacións destes activos de xeración eléctrica e as empresas electricas sigan gozando destas concesións de forma ilegal e inxusta.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+