Información
Galicia

O atentado ecolóxico de Barrañán non é máis que outro fito do sistemático abandono da conser-vación da natureza por parte dos organismos públicos " PPdeG" que deberían velar por ela en Galicia

Información
10 Julio 2019 677 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Atentado ecolóxico en Barrañán mentres se tramita a nova lei de patrimonio natural

Formalizada a denuncia dos graves danos ocasionados no sistema dunar por parte dunha obra pública realizada dentro dun espazo natural protexido pola lexislación europea.

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/04_Sj9CPykssy0xPLMnMz0vMAfIjU1JTC3Iy87KtUlJLEnNyUuNzMpMzSxKTgQr0w_Wj9KMyU1zLcvQjXX2rMjPSzT2cDYqDS9OLSxyd3ItMHW1t9Qtycx0Bdj2jBg!!/

https://gnhabitat.org/denunciamos-as-alteracion-no-sistema-dunar-da-praia-de-barranan/

Cando o Grupo Naturalista Hábitat foi informado dos feitos o 23 de maio, desprazouse inmedia-tamente á praia de Barrañán para comprobar que efectivamente se estaban realizando obras no sistema dunar. Puideron observar que se estaba procedendo ó transporte e vertido de áridos. Aparte dos danos ocasionados polo paso dos camións, a maquinaria pesada estaba enterrando as delicadas comunidades vexetais halófitas e alterando o perfil das dunas, modificando a xeometría e distribución das masas de area.

O sistema dunar de Barrañán forma parte do espazo natural protexido ZEC Costa da Morte, inte-grado na Rede Natura e xa que logo protexido pola normativa europea. A importancia do sistema dunar ven expresada no feito de que está considerado un hábitat de conservación prioritaria pola Unión Europea, cualificado como 2130* Dunas fixas costeiras con vexetación herbácea (dunas gri-ses).

Aparte de afectar a unha zona especial de conservación (ZEC) e danar hábitats recollidos na Direc-tiva Hábitats da Unión Europea, a gravidade deste atentado ecolóxico vese aumentada por reali-zarse na época de nidificación das aves alí presentes, incluídas algunhas delas no Listado de Espe-cies Silvestres en Régimen de Protección Especial, como é o caso da lavandeira marela (Motacilla flava). Máis aínda, danaron unha zona designada oficialmente como área de distribución potencial da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Esta ave aparece na categoría de vulnerable no Ca-tálogo Galego de Especies Ameazadas. Hai que salientar que é unha das poucas especies que goza hoxe en día dun plan de conservación, recollido neste caso no Decreto 9/2014.

Por estes motivos, o día 24 de maio o Grupo Naturalista Hábitat formulou as correspondentes de-nuncias por atentado ecolóxico ante a Demarcación de Costas de Galicia, o Servizo de Conserva-ción da Natureza e o Concello de Arteixo. Con posterioridade a estas denuncias, o Servizo de Pro-tección da Natureza da Garda Civil (SEPRONA) púxose en contacto co Grupo Naturalista Hábitat para obter máis información e proceder á investigación oportuna dos feitos.

Segundo a información pública, estas obras forman parte do Proyecto de aportación de arena en la Playa de Barrañán. Concello de Arteixo (A Coruña). O organismo responsable sería a Autoridade

Portuaria da Coruña, adxudicando a obra a Construcciones López Cao S.L. para a vertedura de 15.000 metros cúbicos de area transportadas por vía terrestre dende a explanada portuaria de punta Langosteira, alí amoreada procedente do dragado no entorno do dique oeste. A Demarca-ción de Costas en Galicia sería corresponsable do atentado ecolóxico ó contar co seu visto e prace, e formar parte da comisión de seguimento ambiental da declaración de impacto ambiental co-rrespondente. Se no seu día na construción do porto exterior non se tomaron as medidas necesa-rias para evitar que a modificación das correntes mariñas afectaran á praia, agora estas achegas de area para mitigar dito impacto realízanse incrementando os danos á propia praia.

Aínda que na denuncia o Grupo Naturalista Hábitat reclamou información sobre a súa tramitación, establecemento de responsabilidades e sancións, se fora o caso, por incumprimento da normativa correspondente, non ten aínda recibido ningunha comunicación oficial, amosándose deste xeito a desidia e desprezo da lei por parte dos organismos ante os que se formulou a denuncia.

A fraude da conservación da natureza en Galicia

O atentado ecolóxico de Barrañán non é máis que outro fito do sistemático abandono da conser-vación da natureza por parte dos organismos públicos que deberían velar por ela en Galicia.

A Demarcación de Costas en Galicia, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, ten a obriga de preocuparse polo estado ambiental das zonas de dominio público marítimo terrestre. Na última década, poucas actuacións temos visto na súa defensa. Pola contra, observamos cons-tantemente obras públicas no litoral que atentan contra o patrimonio natural, a paisaxe e a xes-tión racional dos recursos públicos. Esta situación dáse ademais nun contexto de crise climática, onde os prognósticos científicos alertan do seu impacto nas costas, aconsellando reforzar a pro-tección dos mecanismos naturais que defenden o litoral, tales como son os sistemas dunares e a súa vexetación.

Este atentado ecolóxico sucede ás portas da tramitación da nova Lei de Patrimonio Natural, deba-tida o 25 de xuño no parlamento galego. Malia que o goberno gabouse da súa política conserva-cionista nesa ocasión, o panorama é desolador. Das 202 especies ameazadas que deben contar con plans de recuperación e conservación, en 18 anos soamente se teñen aprobado 3, e como vemos no caso denunciado, non se cumpren.

No tocante a protección de espazos, hai que lembrar que Galicia é a comunidade española con menos territorio protexido (non chega ó 13% de superficie terrestre fronte ó 28% da media esta-tal), malia a riqueza e variedade dos hábitats que alberga. De feito está a incumprir a obriga esta-blecida pola Unión Europea de ampliar a súa Rede Natura 2000, arriscándose a sufrir graves san-cións económicas.

Ante as constantes vulneracións dos espazos protexidos, O Grupo Naturalista Hábitat súmase as entidades ecoloxistas que reclaman que a nova lei recolla medidas lexislativas e financeiras efica-ces para conservar as especies ameazadas, así como abordar a ampliación e o abandono da Rede Natura, e reforzando os mecanismos de vixilancia e recuperación dos espazos protexidos. En defi-nitiva, reclaman unha lei que solucione os graves problemas que sufre o noso patrimonio natural, como son as especies exóticas invasoras, a desaparición dos humidais, o declive continuado das especies ameazadas, a destrución de hábitats e a emerxencia climática, entre outros, e non se li-mite a actualizar a vixente Lei 9/2001, de 21 de agosto, de Conservación da Natureza, traducindo ó galego artigos da correspondente lei básica estatal.

 

La peor playa de España para bañarse esta en Muros A Coruña ...

Xornal Galicia-2 jul. 2019

Los visitantes de la playa de Caión no verán todas las fecales, como mucho, una Bandera Azul digan del juzgado de guardia, y de quien la ...

Playas en Acapulco son ensuciadas mucho con heces fecales

Noticias de Yucatán (Comunicado de prensa)-Hace 12 horas

Playas en Acapulco son ensuciadas mucho con heces fecales ... maletas y nos vamos a la playa pa' curarnos el alma, como diría la canción.

Aguas con el cacadrilo: Playas en Acapulco rebasan los límites de ...
International-Sopitas.com-8 jul. 2019

Exclusiva; Documentada la contaminación por residuos fecales en las ...

Xornal Galicia-21 may. 2019

Exclusiva; Documentada la contaminación por residuos fecales en las viviendas y aguas de Caión que quieren multiplicar con un "pelotazo ...

Las fecales, bacterias ecoli etc, de la decantadora de Caión ya forman ...

Xornal Galicia-5 may. 2019

Las fecales, bacterias ecoli etc, de la decantadora de Caión ya forman parte del menu habitual ofrecido por el Alcalde de Laracha (PPdeG) al ...

Bajo Gobierno de Feijóo la Comunidad gallega está sufriendo una ...

Xornal Galicia-13 jun. 2019

... la de Caió con vertidos directos de las fecales a la mar sin depurar, .... -en-aguas-fecales-y-bacterias-ecoli-en-caion-camarinas-entregadas- ...

#Alcaldes del #PPdeGalicia usan las #BanderasAzules izadas en ...

Xornal Galicia-21 may. 2019

#Alcaldes del #PPdeGalicia usan las #BanderasAzules izadas en aguas #fecales y #bacterias ecoli en #Caión, #Camariñas, entregadas por ...

José Manuel López Varela, Alcalde por el PPdeGalicia coloca ...

Xornal Galicia-21 may. 2019

José Manuel López Varela, Alcalde por el PPdeGalicia coloca baderas azules en las aguas contaminadas con vertidos fecales de Caion por ...

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....