Esquerda Unida súmase á protesta de Ecoloxistas en Acción contra a pasividade das administracións ante a contaminación por lindano no Porriño
Esquerda Unida súmase á protesta de Ecoloxistas en Acción contra a pasividade das administracións ante a contaminación por lindano no Porriño
Información
07 Julio 20191169 votos - Registrate para votar
EU-Son de Porriño e a Plataforma Antilindano da Louriña sumáronse esta tarde en Vigo á concentración de Ecoloxistas en Acción xunto ao veleiro Deusa Maat coa fin de denunciar a pasividade das administracións ante o problema de contaminación por lindano.
Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño, volveu poñer énfase no abandono dos poderes públicos á veciñanza do Porriño e denunciou “a falta de implicación do Ministerio de Medio Ambiente e da Xunta de Galicia, a pesar de coñecer a existencia de milleiros de quilos de residuos enterrados en Porriño e na zona da Louriña, para paliar este problema”. Ocampo denunciou que as administracións seguen sen artellar un Plan de Descontaminación tan necesario para a zona.
A coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla xa esixiu no Parlamento de Galicia que a Consellería de Sanidade considere a contaminación de lindano como “un asunto de saúde pública de primeira magnitude”. “Aproveitamos o percorrido deste barco para denunciar de novo a contaminación por lindano, un tóxico canceríxeno tipo un que está na zona e nos acuíferos e que segue a por en risco á poboación”, polo que é preciso “poñerse a traballar para elaborar un Plan de Descontaminación que permita vivir á xente nun entorno saudable”.
Esquerda Unida ten trasladado a tanto á Xunta de Galicia como á Comisión Europea (CE) a súa preocupación á hora de tomar medidas respecto ao problema derivado do lindano. Unha vez máis denunciamos a desidia das administracións, que non teñen feita ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos e instamos a que se impliquen para paliar este problema ecolóxico e sanitario.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)