CCOO denuncia o «atraso inxustificado» da resolución do proceso selectivo de veterinarias e veterinarios da Xunta.
Cita Xornal Galicia;
En Galicia non é cuestión de masteres, Ánxeles Vázquez exConselleira de Medio Rural non soo minte na sua biografía, se non que usa a Xunta para dar subvencións a dedo a fillos de outras conselleiras do PPdeG sin cumplir a ley antes de cesar na consellería.
- A Administración autonómica sinala que está pendente dun informe xurídico, pero o sindicato culpa da situación a «mala xestión» da Consellaría do Medio Rural á hora de avaliar os servizos prestados
O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia denuncia o «atraso inxustificado» da resolución do proceso selectivo de veterinarios e veterinarias da Xunta, malia que pasaron xa máis de dous anos desde a publicación da convocatoria. O 17 de xuño, o proceso selectivo aínda non rematou, xa que a Administración autonómica está pendente dun informe da asesoría xurídica sobre se a valoración de méritos se fixo correctamente.
_Version2.jpg)
Despois de dous anos, o proceso continúa sen resolución | Foto: wernerdetjen (Pixabay)
O sindicato lembra que o 7 de abril de 2017 o Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciaba a Orde de 31 de marzo do mesmo ano «pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios».
Trece meses despois, o 20 de maio de 2018, tivo lugar o primeiro exercicio; os resultados publicáronse o 15 de xuño do mesmo ano. Algo máis dun mes despois, o 28 de xullo, foi o segundo exame, cuxos resultados se fixeron públicos o 5 de outubro. Por último, o exercicio de galego —para os aspirantes que non posuían a correspondente acreditación— realizouse o 19 de decembro de 2018.
Rematada a fase de oposición, o pasado 8 de xaneiro de 2019 publicouse no DOG o prazo para a acreditación dos méritos —dez días hábiles—. Porén, como se indicou, a Xunta está pendente dun informe da súa asesoría xurídica respecto desta valoración de méritos.
Segundo CCOO, o resultado deste «despropósito» é que nin o persoal que aprobou pode tomar posesión da praza, nin tampouco se actualizan as listas do persoal veterinario reguladas polo decreto 37/2006.
A falta de resolución do proceso selectivo prexudica a todas as persoas inscritas nas listas, pois nin sequera se lles actualiza a nota do último exame realizado, cuxa cualificación é coñecida e está publicada.
CCOO critica a «mala xestión» de Medio Rural
CCOO sospeita que este «atraso inxustificado» se debe a unha «mala xestión» na certificación dos servizos prestados, atribuíble á Consellaría do Medio Rural. De feito, o sindicato advertiu disto no tempo e a forma procedentes, «pero tanto a Administración como o tribunal fixeron caso omiso».
«Por non facer as cousas ben desde o comezo», lamentan desde Comisións, «podemos estar novamente diante dun caso en que sexan nomeados 55 funcionarios de carreira, pero posteriormente os tribunais obriguen a facer unha rebaremación, cambiando a orde das persoas aprobadas, co lóxico prexuízo que iso ocasionaría».