Información
Galicia

Convidan a todo o persoal funcionario e laboral, a solicitar por vía administrativa o complemento de carreira profesional ante a negativa do Goberno de Feijóo a entregalo voluntariamente.

Información
19 Junio 2019 779 votos

En previsión das futuras sentenzas que se produzan, a CIG convida a todo o persoal funcionario e laboral (independentemente do seu actual vínculo fixo/temporal), a solicitar por vía administrativa o complemento de carreira profesional.

O sistema de carreira profesional pactado por CCOO, UGT e Xunta ven a ser unha especie de retribución de sexenios, como xa teñen os docentes. E así como o dereito a cobrar os trienios depende unicamente do tempo traballado (non da relación contractual), o dereito á carreira (ou sexenio), non llo quixeron recoñecer ao persoal funcionario interino, laboral temporal ou indefinido. Tampouco ao persoal laboral fixo que non quera funcionarizarse.

 

En marzo do 2019 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do 15/01/2019 do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT. Ademais están en trámite os recursos contra a Orde do 28/03/2019 do acceso ao grao I do sistema de carreira profesional e a Orde do 08/04/2019 de confección de nóminas.

A CIG busca cos seus recursos unha declaración de anulabilidade ou nulidade parcial das ordes, que permita a extensión do dereito a todo o persoal.

Dado que non é posíbel solicitar o complemento de carreira por vía do aplicativo de xestión establecido pola Xunta de Galiza, reservado só ao persoal funcionario de carreira e ao laboral fixo que se comprometa a funcionarizar, o resto dos colectivos só poderían solicitalo persentando unha instancia no rexistro da Xunta, con copia selada para o interesado/a. A data límite para solicitalo é o 29/07/2019.

Para que solicitalo? Trátase dunha cuestión de oportunidade, no sentido de que, de dar a razón á CIG, e si a sentenza non establece retrotraer as actuacións ao momento previo á aprobación da orde, as persoas que tivesen feito a solicitude puidesen reclamar atrasos dende o 1 de xaneiro de 2019. E dicir, no caso de que a sentenza non obrigue a Administración a garantir o dereito ao sistema extraordinario de carreira profesional dende o 1 de xaneiro de 2019, e si o faga con efectos dende a data da sentenza, se poida reclamar o importe con efecto retroactivo.

Pero temos que xogar cos prazos xa que a sentenza que dite o TSXG pode demorarse moito, así que a solicitude individual presentariase o mais próximo posíbel ao día 29 de xullo.

A Xunta podería non responder á solicitude (pasados tres meses); entón ábrense diferentes opcións e teriamos que xogar cos prazos (poderíamos chegar a ter antes as sentenzas contra as ordes da carreira). Se a Xunta denega expresamente a solicitude, a vía a seguir sería diferente, xa en mans da asesoría xurídica do sindicato.

A previsión da CIG é que gañemos o noso recurso ante o TSXG, do mesmo xeito que xa ocorreu noutras comunidades autónomas. Pero a xustiza é birolla, e en función da sentenza podería darse o caso de que o hipotético dereito a cobrar a carreira teña unha data de efectos diferente en función de ter solicitado ou non a carreira. Podería ser que quen non solicitara a carreira tivese dereito a solicitala, máis probablemente non aos atrasos.

Poñemos a túa disposición un modelo de solicitude. Podes adaptalo ás túas circunstancias. Descargar modelo.

Por clarificar as cousas: un asunto diferente son as dúbidas da legalidade que o goberno do Estado expresa sobre o Acordo de concertación, e que afectan directamente á carreira profesional, que se concreta na constitución da comisión bilateral Estado-Xunta para discutir o asunto, é a cuestión de inconstitucionalidade aberta polo Goberno do Estado. Esperamos que estas dúbidas queden solucionadas. Dende a CIG xa solicitamos a sua aclaración e consideramos que é resultado do proceder chapuceiro e as presas da dirección xeral da Funcion Pública.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago