Longa e intensa fin de semana de torneos para a canteira deportivista

Información
Galicia 24 Junio 2016 3814 votos Regístrese para votar

 
Chega outra fin de semana pragada de torneos para seis equipos das categorías inferiores do RC Deportivo: en Almería (Infantil A), Esmoriz (Infantil B e Benxamín B), Vigo (Alevín A), Lugo (Alevín B) e Vilagarcía de Arousa (Benxamín A). Os máis madrugadores serán o Infantil B e Benxamín B, que arrancan a competición mañá xoves 23 de xuño.
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Categoría Infantil
 
Levante Cup 2016
 
O Infantil A participa na Levante Cup 2016, un prestixioso torneo que se xoga nos concellos almerienses de Garrucha, Mojácar, Turre e Vera.
 
O sorteo será o mesmo venres 24 de xuño, na Gala de Recepción aos participantes. Haberá unha fase de clasificación por sistema de liga, en que os dous primeiros equipos pasarán á Fase polo Título e os dous seguintes á Fase de Consolación, ambas xa por sistema de eliminatoria directa.
 
Barrinha International Cup 2016
 
O Infantil B compite na Barrinha International Cup 2016, na localidade portuguesa de Esmoriz.
 
O conxunto deportivista, campión a pasada fin de semana da Llanes Cup, ficou emparellado co FC Cortegaça, SC Espinho e SC Esmoriz.
 
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Xoves 23 de xuño
22.10 (hora local): FC CORTEGAÇA - INFANTIL B (campo 2)
 
Venres 24 de xuño
22.00 (hora local): INFANTIL B - SC ESPINHO
 
Sábado 25 de xuño
13.10 (hora local): INFANTIL B - SC ESMORIZ
 
Os dous primeiros clasificados accederán ás semifinais; en canto que os dous terceiros xogarán pola quinta e sexta praza.
 
Categoría Alevín
 
Torneo do Coruxo
 
O Alevín A participa no Torneo do Coruxo de fútbol sete que se xoga o sábado 25 de xuño no campo vigués do Vao.
 
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
10.30: ALEVÍN A - PORRIÑO
13.00: ALEVÍN A - SPORTING BRAGA
16.00: ALEVÍN A - VITORIA DE GUIMARÃES
 
Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan a seguir:
 
Polvorín Cup
 
O Alevín B desprázase a Lugo para xogar a Polvorín Cup, torneo de fútbol organizado polo clube Polvorín no campo municipal O Polvorín (Lugo).
 
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
 
Sábado 25 de xuño
12.30: ALEVÍN B - RACING DE FERROL
17.30: ALEVÍN B - BERTAMIRÁNS
21.30: ALEVÍN B - ANTIGUOKO
 
Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se xogan xa o domingo 26 de xuño.
 
Categoría Benxamín
 
Torneo Cidade de Vilagarcía
 
O Benxamín A participa na quinta edición do Torneo Cidade de Vilagarcía, que se disputa na citada cidade pontevedresa.
 
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Sábado 25 de xuño
10.45: BENXAMÍN A - BANSANDER (campo da Lomba)
16.15: BENXAMÍN A - LAKUA ARRIAGA (A Lomba)
18.20: BENXAMÍN A - CIUDAD DE PINTO (A Lomba)
20.50: BENXAMÍN A - XEITOSA (campo Manuel Jiménez)
 
Domingo 26 de xuño
9.00: BENXAMÍN A - UNIONISTAS SALAMANCA (campo A Lomba)
 
Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.
 
Barrinha International Cup 2016
 
Finalmente, o Benxamín B acompaña o Infantil B na Barrinha International Cup 2016 na localidade portuguesa de Esmoriz.
 
O calendario da Primeira Fase para o Benxamín B é o seguinte:
 
Xoves 23 de xuño
22.10: BENXAMÍN B - SC ESPINHO (campo 1)
 
Venres 24 de xuño
18.40: BENXAMÍN B - CG PARAMOS (campo 1)
 
Sábado 25 de xuño
11.30: SC ESMORIZ - BENXAMÍN B (campo 2)
17.20: CD TAREI - BENXAMÍN B (campo 1)
 
Os dous primeiros clasificados xogan as semifinais; en canto que o terceiro loitará pola quinta e sexta praza.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600