Información
Galicia

Concentración mércores 19 xuño: petición de concursos inmediatos e demisión do director xeral de Función Pública

Información
18 Junio 2019 297 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Autonómica convoca unha mobilización para denunciar a nefasta xestión de persoal de Función Pública; exixir a convocatoria inmediata de concursos de traslado; a “chapuza” da funcionarización obrigatoria; as amortizacións de postos e o peche de servizos; procesos de promoción interna; axilidade nos procesos selectivos; unha verdadeira carreira profesional, consolidada e universal .. Vai ser este mércores, día 19 de xuño, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Presidencia, no edificio administrativo da Xunta en San Caetano. cita; Director xeral da Función Pública. José María Barreiro Díaz  “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

Queremos a dimisión do actual director xeral de Función Pública. Sobran os motivos. Se estás cabreada ou cabreado, ven a protestar connosco.

 

A CIG denuncia que Función Pública non convoca os concursos de traslados porque non lle dá a gana, atrasándoos con escusas absurdas (os últimos foron: para persoal laboral en 2011; para administración especial en 2012 e para administración xeral en 2015). Por que se nega a convocar un concurso anual como si hai en ensino?

Ante a falta de concursos, obrigan ao persoal a buscarse a vida mediante comisións de servizo, figura que deixou de ser extraordinaria para converterse na forma ordinaria de moverse o persoal na Xunta, sen criterios obxectivos nen transparencia. Tal é así que en 2018 contabilizaron 984 comisións e 1.301 renovacións, o que dá un total de 2.285, e no que vai de ano 2019 van xa 380 novas máis 760 renovacións, o que dá un total de 1.140. Engadimos que detectamos e denunciamos 414 comisións de servizos ilegais (sen contar as ocultas e cruzadas), que deron xa lugar a recursos administrativos e probablemente acabe en contenciosos.

Artella unha funcionarización obrigatoria baixo a chantaxe do complemento de carreira no persoal fixo ou do despedimento no persoal temporal. Así máis de 7000 empregados públicos van a estar afectados por este proceso que non garante os dereitos do V Convenio colectivo, nin as retribucións das diferentes categorías. Ademais deixa ao persoal laboral sen posibilidade de concurso de traslados previo e non resolven a incertidume das reclasificacións na funcionarización ás novas escalas. Para colmo nin se plantexa subir os trienios do persoal funcionario máis baixos para igualalos aos do persoal laboral xerando unha nova desigualdade entre persoas coas mesmas escalas e funcións.

Incumpre reiteradamente os Acordos que asina: que foi da consolidación do 2008? E das prazas que tiñan que sair a OPE do SPDCIF ou Consorcio? Isto xunto a un buzón de postos agochado; á inexistencia da bolsa de horas positivas, a suspensión do FAS (Fondo de Acción Social) e artigo 19 do V convenio desde 2012.

Deseña Relacións de Postos de Traballo que fan esmorecer servizos aos cidadáns mentres nutre a pirámida invertida (onde o lobi de directores e subdirectores campan cun amplo cortexo), un proceso paulatino e imparable: furtan prazas e pechan servizos con descaro.

Aproba co apoio de UGT e CCOO unha carreira profesional desequilibrada nas contías, non consolidada, sen garantía orzamentaria e inxusta xa que deixa fora a miles de persoas interinas e laborais. Unha chapuza mais que para colmo está cuestionada polo goberno do Estado.

Fai procesos selectivos escasos e chapuzas pola designación a dedo dos tribunais, pola falta de prazas e opacidade das vacantes.

Aplica de forma torticeira da taxa de reposición de efectivos na Xunta de Galiza, non cobre as vacantes ou obviar as prazas obrigatorias para promoción interna ou porcentaxe reservada a persoas con discapacidade. O número de prazas para a promoción interna separada nas OPE é ridículo.

Non ten vontade negociadora nin lle interesa, emprega a mala fe acotío, incumpre os acordos, chantaxea con atrasos en concursos ou contratacións, manipula con descaro e impide o acceso á información para a defensa do persoal e para  ampararse na súa desfeita busca parella de baile: CCOO e UGT.

Ante esta falla de respecto continuada aos empregados e empregadas publicas, sobran razóns para PEDIR A DIMISION INMEDIATA DO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PUBLICA

Unete a CIG para reclamar un cambio profundo na xestión do persoal

Concéntrate diante do edificio administrativo de San Caetano o vindeiro mércores 19 de xuño ás 11h.

 

Director xeral da Función Pública. José María Barreiro Díaz  “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

 Denuncian que el Director de la función pública de la Xunta deja la puerta abierta de sus despacho para que se sirvan de documentos los que pasen por alli.

Resulta que CCOO e UGT andan repartindo “confidencialmente” un papeliño cos asuntos que cociñan na comisión de seguimento do acordo de concertación. E como outras veces, resulta tamén que ese papeliño chegou á CIG. Que mala pata!

Volve a resultar, ademais, que nese libelo aparecían as cousas que o director xeral de Función Pública ía traer o día 25 de marzo á Mesa Xeral, que curiosamente ía expoñer como unha cesión e o resultado dunha dura negociación con CCOO e UGT que así “conseguen arrancarlle á Administración” unhas condicións máis benignas para a funcionarización.

Tamén resulta, que xa sabiamos máis cousas desas que o director anuncia na Mesa Xeral, como cando se vai publicar a orde de carreira profesional, cantos funcionarios cumpren cos requisitos (8.000) e cantos laborais (3.000), etc.

Vamos, que tiñan todo cociñado previamente e viñeron a montar un espectáculo valleinclanesco dun duro tira e afrouxa onde o resultado, Oh! por Don Manoel!!, xa o tiña a CIG enriba da mesa dende facía 3 días.

Como é natural, o noso compañeiro na Mesa pedíu explicacións desta ópera bufa (case podemos dicir que pediu tamén que lle devolveran o importe das entradas da Mesa Xeral). A resposta do director xeral a por que nos chegou un documento co guión desta película esperpéntica onde se proba que todo o que traen á Mesa está negociado previamente vai en consonancia coa función teatral: “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

 Pois nada, terá que dar sete voltas axeonllado e cun capirote a San Caetano, por neglixente, e terá que tomar medidas drásticas, non vaia ser que a próxima vez lle saian do seu despacho os papeis desfilando.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Xoaquín Fernández Leiceaga reclama o cese da Valedora por “incumprimento grave das súas funcións” logo de ser condenada..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+