Imprimir

Pontón: “Feijóo chegou á Xunta aupado en mentiras, as mesmas que o van quitar do goberno”

Información
Galicia | 24 Junio 2016 | 5320 Votos

 Ana Pontón pregunta a Feijóo pola situación social e laboral en GalizaAna Pontón preguntou hoxe a Núñez Feijóo en que está pesando para falar de recuperación económica e se realmente se acaba crendo as súas propias mentiras. Vostede, dixo, “chegou á Xunta aupado en mentiras e esas mentiras son as mesmas que o van a quitar do goberno en outubro”.

A semana pasada, explicou a portavoz do BNG, mentres vostede andaba polo Caribe, en Galiza coñeciamos os últimos datos de pobreza que o deixan a vostede espido. Si, os do INE, dixo, os do INE do goberno de Rajoy, non vaia pensar que a fonte que lle cito é esa organización revolucionaria que lle dá tantos disgustos e que se chama Cáritas.

Ana Pontón sinalou que no último ano a taxa de pobreza en Galiza aumentou un 25%, e “hoxe hai 702.000 persoas en risco de exclusión social, 702.000 persoas con nome e apelidos que non chegan aos 600 euros ao mes”.portavoz parlamentaria explicoulle a Feijóo que estar en risco de exclusión social significa que moitos país e nais non poden encher a neveira, nin prender a calefacción. Que cada vez que lles chega unha factura da luz, da auga, do gas, se lles pon “o corazón na boca” pero vostede, recalcou a nacionalista, non sabe do que lle estou falando, porque “desde Montepío non ten nin idea do que lle costa a miles de familias deste país, facerse cargo cada mes destes recibos” e desde esa ignorancia, persiste en presumir de ser o “campión da recuperación e proclama a saída da crise”.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 5320