Información
Galicia

GONZALO CABALLERO SINALA QUE FEIJÓO ESTÁ “DISPOSTO A CALQUERA COUSA” PARA OCULTAR OS “TRAPICHEOS” DOS BALTAR NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Información
14 Junio 2019 146 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe que Feijóo está “disposto a todo” para ocultar os “trapicheos” dos Baltar durante décadas na Deputación de Ourense.

Como Feijóo xa se vai, válelle calquera cousa en Ourense”, remarcou, en alusión ás “esperpénticas” negociacións que está patrocinando e que pasan por ceder a alcaldía da capital da provincia á terceira forza a cambio de que os Baltar reteñan o control da deputación.

 

Está tentando impedir que se levanten alfombras na deputación”, acusou Gonzalo Caballero, non sen chamar a atención sobre que, con este tipo de acordos “opacos”, Feijóo será “cómplice das falcatruadas” dos Baltar.

Todo isto, como recordou o líder dos socialistas galegos, menos dunha semana despois de que o PP remitise unha carta avogando por deixar gobernar á forza máis votada en cada concello. “Dicían que debería gobernar a lista máis votada e en Ourense apoian á terceira lista, que perdeu votos e concelleiros”, evidenciou.

En canto a DO, Gonzalo Caballero recordou que Jácome pediu o voto aos ourensáns que querían botar a Baltar, e advertiu de que usar ese apoio para asentar a Baltar supón “traizoar” a súa confianza. “Se pactan para manter aos Baltar, será unha gran felonía á cidade de Ourense”, incidiu.

Os socialistas gañamos as eleccións en Ourense, onde a cidadanía quere un goberno de progreso e dignidade, e corresponde lexitimamente a Rafael Rodríguez Villarino liderar a cidade. “Somos un partido serio e responsable fronte ao mercadeo e as traizóns que protagonizan outras forzas en Ourense”, concluíu.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+