Información
Galicia

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN REPARTO A DEDO DE SUBVENCIÓNS PÚBLICAS DA XUNTA ENTRE CONCELLOS AFÍNS

Información
14 Junio 2019 109 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de preservar o reparto “a dedo” das subvencións públicas da Xunta entre concellos afíns. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei que presentou hoxe en Comisión para incrementar as axudas de Vicepresidencia concedidas en réxime de concorrencia competitiva, que foi rexeitada polo PP.

 

A responsable socialista pedira incrementar de 3 a 5 millóns de euros as axudas públicas concedidas con criterios obxectivos para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencellados á prestación de servizos municipais. Sen embargo, o PP negouse a aceptar esta iniciativa para “continuar instrumentalizando ao goberno galego e que siga funcionando como axente electoral do PP” no reparto de favores.

Rodríguez Rumbo puxo como exemplo destas prácticas 5 programas concretos das consellerías de Medio Ambiente, Vicepresidencia e Medio Rural polos que o goberno galego repartiu 24,5 millóns de euros en dous anos en concellos maioritariamente do seu partido. Esta práctica contradí ademais, sinalou, o acordo aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos na Comisión Executiva da Fegamp desenvolvida o 14 de febreiro de 2017.

Así, lembrou que 9 de cada 10 concellos que recibiron os 2,7 millóns do Plan de Infraestruturas Rurais foran do PP. O mesmo sucede cos 13 millóns do Plan Hurbe -94 por cento dos concellos receptores eran do PP- ou cos 2,5 millóns de subvencións de Presidencia en réxime de concorrencia non competitiva -8 de cada 10 concellos beneficiarios eran tamén do PP-.

Ademais, 8 de cada 10 concellos beneficiados polos convenios de colaboración de Presidencia e que se repartiron case 2 millóns de euros durante todo 2018, sinalou, tamén eran do PP. Lembrou ademais o reparto de 4 millóns de euros para infraestruturas e equipamentos de Medio Ambiente correspondentes ao ano 2018, que se esgotaron en 12 minutos, e “sorprendentemente”, ironizou, foron concedidos a 15 concellos do PP do total de 19 beneficiarios –o 79 por cento-.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+