Información
Galicia

Greenpeace e APDR, reiteran a necesidade de que se declare definitivamente nula a prórroga de ENCE-Pontevedra

Información
13 Junio 2019 147 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 A APDR e Greenpeace presentaron dous recursos diante da Audiencia Nacional paraA APDR e Greenpeace presentaron dous recursos diante da Audiencia Nacional paraimpedir que Ence Energía y Celulosa S.A. permanezan na Ría de Pontevedra outros60 anos.■

A empresa pasteira tería que ter abandonado no pasado 2018 o seu emprazamentoen terreos de dominio público marítimo-terrestre. 

O próximo DOMINGO 16, ás 12 da mañá e con saída simultánea desde as alamedasde Marín e Pontevedra terá lugar unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS quedebería ser a última con actividade na pasteira.Pontevedra, 13 de Xuño de 2019 -

 

O próximo domingo 16 de xuño unha nova mobilización recorrerá achamada autovía entre Marín e Pontevedra contra a permanencia de ENCE na Ría.

A empresa de pasta depapel debería ter abandonado os terreos de dominio público que ocupa na actualidade en xullo de 2018,como teñen sinalado as institucións xudiciais.A fábrica de ENCE en Lourizan (Pontevedra), emprazada en terreos de dominio público, tiña a obriga deabandonar a sua ocupación na Ría en xullo do 2018, tal como esixía a Lei de Costas de 1988. Porén, areforma da Lei no 2013 abriu a porta á ampliación das concesións e tres anos despois, en xaneiro de 2016,o goberno en funcións de Mariano Rajoy prorroga a concesión a ENCE ata 2073, unha decisión que tantoGreenpeace como a APDR consideraron cando menos irregular.

APDR e Greenpeace presentaron senllos recursos diante da Audiencia Nacional contra a amentada ordenpara impedir que Ence Energía y Celulosa S.A. permaneza na Ría de Pontevedra outros 60 anos. As dúasorganizacións consideran que a empresa desenvolve unha actividade industrial incompatíbel co medioambiente e que non entra dentro do grupo de usos reservados para unha posíbel prórroga enterreos de dominio público marítimo-terrestre, tal e como se establece no Artigo 31.2 da Lei de Costaspolo que o Ministerio no debería tela concedido.No 2019 o Goberno anuncia que non vai seguir adiante na defensa da prórroga da concesión de ENCEdiante dos tribunais.Segundo Antón Masa, presidente da APDR, “a decisión da Dirección General de Costas, ratificadaposteriormente pola Avogacía do Estado, fundaméntase en dous argumentos inapelábeis; dunha banda, ofeito de que “ningunha instalación pode permanecer en domino público máis de 75 años”, un prazo que severía amplamente superado logo da prórroga de 60 anos a ENCE, e por outro -o que aínda resulta máisrelevante- que “as prórrogas resérvanse para aquelas instalacións que pola súa natureza teñan que estaren dominio público marítimo-terrestre”, unha condición que non é de aplicación á pasteira de Lourizán".

“Greenpeace defende que a reforma da Lei de Costas realizouse en contra dun ben público e do medioambiente, polo que a extensión da ocupación de Ence na Ría de Pontevedra durante 60 anos máis, semprefoi ilegal. Celebramos que o Estado recoñeza o valor deste terreo público e confiamos en que a xustiza e oEstado de Dereito resolvan en favor da preservación do medio ambiente”, ten declarado Paloma Nuche,responsábel da campaña de Costas de Greenpeace.

Desde Greenpeace e a APDR, animamos a toda a sociedade galega a participar na Marcha contraCelulosas do próximo domingo 16 para facer visíbel e denunciar publicamente esta inxustiza histórica enPontevedra. Así mesmo, ambas as dúas organizacións demandan á Xunta de Galicia que o novo PlanForestal deixe de favorecer á industria celulósica e estableza unha moratoria de novas plantacións doxénero Eucalyptus, como xa demandaron numerosas forzas sociais e políticas galegas.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+