Información
Galicia

Seguen súmandose mais no sector marítimo de Galicia que se opoñen as decisiós de Rosa Quintana de votar os lodos do río Lérez a ría de Arousa

Información
13 Junio 2019 180 votos
5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 100%

Podemos esixe a clausura do punto de verteduras de Sálvora

A formación súmase as voces do sector marítimo de Galicia que se opoñen a que os lodos do río Lérez se depositen na ría de Arousa

Santiago de Compostela, a 11 de xuño de 201.- O responsable de Acción Institucional e Participación Social de Podemos Galicia, Marcos Cal, manifestou hoxe o apoio da formación ao sector do mar na oposición frontal ao depósito de lodos do Río Lérez no punto de verteduras existente en Sálvora, na Ría de Arousa. Podemos súmase así ás voces que piden a clausura de dito punto cuxa existencia correspóndese a prácticas de tempos pasados que vulneran as leis actuais de preservación do medio.

 

Dende que se fixo pública a decisión de Portos, a resposta do sector do mar da ría de Arousa foi de unánime oposición e unha lóxica sensación de alarma”, dixo Cal, quen, como deputado, tamén é o portavoz de Medio Ambiente de Podemos no Parlamento de Galicia.

O sector do mar de Galicia caracterízase pola súa organización en defensa duns intereses comúns a todas: a conservación do medio mariño e a sustentabilidade das rías. Hai exemplos recentes, como a mobilización contra o Anteproxecto de Lei de Acuicultura ou a súa implicación nas mobilizacións contra a reapartura da Mina de Touro. Foi a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) a que acaba de tomar a iniciativa cunha serie de comunicados e unha xuntanza que tivo lugar o pasado luns. 10 de xuño, na que se convocou ás confrarías e organizacións agrupadas na mesma co fin de consensuar os pasos a seguir. Trátase do punto de partida dunha folla de ruta que se irá desenvolvendo segundo a resposta que se obteña das distintas institucións.

En Podemos Galicia consideramos que é necesario acompañar ao sector do mar nunha nova mobilización na defensa das rías, pero, ademais, queremos sinalar a irresponsabilidade de institucións que someten a un dos nosos máis importantes motores económicos a vivir continuamente baixo unha espada de Damocles, chámese Mina de Touro, chámese Ence, chámese verteduras, e unha longa lista de causas evitables se existira un verdadeiro compromiso político con algo que constitúe a nosa identidade como pobo, o mar”, engadíu Cal.

Non comprendemos que, ante a negativa das confrarías da Ría de Pontevedra ao depósito dos lodos procedente do dragado do Lérez na Ría de Tambo, a alternativa sexa trasladalos á área de Sálvora, que, recordemos, forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas, o que lle confire especial protección”, suliñou pola súa banda María de la O. Fernández González, concelleira electa de Marea da Vila, candidatura na que concurriu Podemos en Vilagarcía de Arousa “É por elo que instamos á Xunta a que busque alternativas que non consistan en pasar a pelota dunha ría a outra: as nosas rías non son vertedoiros”, insistíu.

Ante a resposta da conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que comunica que a Xunta analizará se os residuos do Lerez son contaminantes, Podemos Galicia sostén que o transfondo da cuestión non é ese, que aquí estamos a falar de institucións que empregan o mar como vertedoiro, e que é necesaria a inmediata clausura do punto de verteduras de Sálvora. “Pedimos ademais que se publiquen os estudos, se é que existen, respecto ao impacto na Ría de Arousa das 5 toneladas de lodos e áridos procedentes de dragados dos distintos portos acumuladas dende que o Ministerio de Fomento autorizou a apertura do punto en Sálvora a finais dos anos noventa”, dixo Fernández González.

Para a representante de Podemos, “é momento de deixar de agochar o lixo debaixo da alfombra”. “A existencia do punto de Sálvora é unha práctica que corresponde ao século pasado. Estamos nun momento no que a cidadanía comeza a amosar un claro compromiso co medio ambiente e o planeta, e, sen embargo, as institucións toman decisións nas que reflicten ir moitos pasos por detrás”, incidíu.

É por elo que Podemos Galicia actuará politicamente en favor da desaparición do punto de verteduras de Sálvora e outros similares, constatando unha conclusión sinxela: os nosos mares e as nosas rías non son vertedoiros.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+