O Tribunal Supremo dicta sentenza sobre a concesión da tarxeta sanitaria aos pais de cidadáns da UE residentes en Galicia e España
O Tribunal Supremo dicta sentenza sobre a concesión da tarxeta sanitaria aos pais de cidadáns da UE residentes en Galicia e España
Información
06 Junio 20191051 votos - Registrate para votar
O Pleno da Sala Cuarta entende que a concesión da tarxeta indicada non supón a existencia automática dese dereito.
O Pleno da Sala do Social do Tribunal Supremo pronunciouse sobre o dereito á asistencia sanitaria dunha cidadá española que reagrupó á súa nai ?de nacionalidade cubana- á que lle foi concedida a ?tarxeta de residencia temporal de familiar da Unión?, ao amparo do disposto no Real Decreto 240/2007.
A sentenza recorrida, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, entendeu que reunía os requisitos do artigo 2.b 3 do Real Decreto 1192/2012 de 3 de agosto que regula a condición de asegurado e de beneficiario a efectos da asistencia sanitaria en España, con cargo a fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Saúde.
Na súa sentenza, a Sala entende que a concesión da tarxeta indicada non supón a existencia automática dese dereito, senón que a dinámica do dereito está suxeita ao mantemento do requisito da súa concesión relativo a que o reagrupante, tal e como se desprende do artigo 7.1.b e 2 do Real Decreto 240/2007, dispoña de recursos suficientes para non converterse nunha carga para a asistencia social en España durante o periodo de residencia e dun seguro de enfermidade que cubra os riscos do reagrupado en España.
A Sala estima un recurso de casación do Instituto Nacional da Seguridade Social. A sentenza inclúe un voto particular de dous maxistrados que consideraban que había que confirmar a sentenza recorrida.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)