Información
Galicia

Nos nove últimos anos con Feijóo no Goberno, Galicia perde o 40% da rede de oficinas financeiras e o 34,80% do emprego

Información
03 Junio 2019 1151 votos

19 04 04 ProtestaAbancaOurense04Hai case un ano o sector financeiro de FeSMC-UGT xa denunciaba publicamente a exclusión financeira en Galicia e este feito, tras múltiples fusións, ERE`s e redución de oficinas, conduce, inevitablemente, á diminución tamén de empregos. De feito, se no ano 2010 o emprego no sector financeiro en Galicia ocupaba a 13.000 traballadores (antigas caixas de aforro, bancos e caixas rurais), hoxe, no 2019, esta cifra descende un 34,80%, é dicir, o censo total de traballadores rexistrados é de 8.487 nas distintas entidades que deben dar o mesmo servizo á mesma poboación.

 

Sirva como exemplo, só o Banco Pastor ocupaba no 2010 preto de 2.000 traballadores. Antes de ser comprado polo Banco Popular e o Santander, posteriormente. Hoxe o censo laboral do Banco Santander en Galicia, despois das eleccións e tras as prexubilacións ata maio, con tres bancos integrados (Banesto, Popular e Pastor), é de 1.916 traballadores.

Dende UGT insístese en que o peche de oficinas nin cesou nin ten visos de cesar. Xa no 2018, no mes de xuño, denunciábase que Galicia perdeu un 40% da súa rede dende o inicio da crise, no ano 2008. Agravando todo isto substancialmente a exclusión financeira que sofre esta Comunidade.

E isto continúa, ao ERE de Caixabank haberá que sumar o do Banco Santander, cunha incidencia en Galicia moi grande (estímase un peche de 135 oficinas). Ademais, haberá que ver tamén a incidencia en peches de oficinas e destrución de emprego coa integración de Banco Caixa Geral en Abanca e Bankia.

Todo isto cando as seis entidades financeiras máis grandes do país declararon uns beneficios en 2018 de 16.676 millóns de euros. Por elo, UGT xa non admite a crise como elemento articulador para continuar destruíndo emprego no sector.

O Sindicato considera que o Goberno e as institucións competentes teñen que intervir, ante o oligopolio que se deixou crear, salvo que queiran seguir sendo cómplices. As entidades financeiras deixaron de ser un servizo á sociedade para converterse en exclusiva nun servizo para aqueles que teñen capacidade de investimento.

En Galicia case o 40% dos concellos só teñen unha ou ningunha oficina (datos 2018). Son preto de 220.000 galegos afectados, o 8% da poboación.

A falta de acceso aos servizos financeiros representa un serio obstáculo para a integración económica e social de calquera persoa. Poderíase pensar que as sucursais son prescindibles porque a día de hoxe pódese operar a través das web das entidades ou as APP`s. Pero a tan profetizada dixitalización non chegou de cheo para todos, a brecha dixital segue sendo tan grande como a brecha económica. En Galicia, cunha alta porcentaxe aínda de poboación no rural e cunha poboación certamente envellecida, esta brecha aínda se fai máis grande.

FeSMC-UGT insiste en que esta situación ten que reverterse xa, a rendibilidade non pode obterse a costa dos custes laborais. Nesta Comunidade desapareceu o 40% da rede de oficinas e a destrución de emprego vai case á par, o 34,80%. Sen embargo, o volume de traballo non baixou na mesma proporción, é máis, o mesmo traballo é desempeñado agora por menos traballadores, incrementándose substancialmente a carga laboral que se suple con grandes presións comerciais pero, sobre todo, cun incremento significativo de horas extras non remuneradas.

Polo tanto, a conclusión desta análise é que o peche de oficinas provoca exclusión financeira; ademais, a brecha dixital e a falta de persoal bancario provoca que en Galicia o mesmo servizo que antes daban numerosas entidades e case 13.000 traballadores, agora o queren suplir cun 40% menos de oficinas, a metade de entidades, e 8.487traballadores. Todo isto cunha deficiente rede dixital que provoca que a mesma poboación obtén un servizo cada vez peor, agravando ademais a carga laboral con máis traballo, recorrendo ás horas extras non remuneradas.

https://xornaldegalicia.es/descargasadjuntosdeprensa/SecreosdelMayordomodelFeijooDesconocido.pdf

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago