Imprimir

Consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente

Información
Galicia | 21 Junio 2016 | 4425 Votos

cid part2 8167FB51 7DE45DBFadegaEste San Xoán milleiros de cacharelas arderán polo país na festa do lume, con música, sardiñas, queimada... E tamén con miles de toneladas de lixo. Podemos facer a festa máis ecolóxica cunhas sinxelas medidas para non emporcar e estragar a natureza

Alén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan cubrindo praias, campos da festa e rúas. Unha correcta política de residuos debe estar primeiramente encamiñada a reducir o volume de lixo producido, e despois, a procurar unha axeitada xestión.

Consellos prácticos

-Acotar os espazos das celebracións sobre todo nas proximidades de espazos naturais como fragas, bosques, ríos ou contornas históricas ou monumentais. Evitaremos riscos de lumes, danos á fauna e flora sensíbel, ao patrimonio, e accidentes ás persoas.
-Evitar facer cacharelas en praias e dunas, especialmente en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico. Tede en conta que mesmo nunha http://www.adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/litoral/296-bandeiras-azuis-un-lavado-de-cara-para-concellos-con-mala-conciencia-ecoloxica" target="_blank">praia urbana, por moi humanizada que pareza, pode albergar unha rica biodiversidade, mesmo especies ameazadas ou en periodo de cría, como a http://www.adega.gal/info/090121joomla/ultimas-novas/789-adeus-pillara-das-dunas-adeus-flora-endemica-benvida-bandeira-azul" target="_blank">píllara das dunas.
-Ter previsto e sinalizado zonas de aparcamento e servizos hixiénicos, e se é posíbel, un posto de información permanentemente atendido. Para evitar problemas coa volta a casa podes achegarte andando ou en bici á cacharela máis próxima, sen esquecer o chaleque reflectante.
-Dispoñer sempre de protocolos, materiais e persoal responsábel de velar polo bo desenvolvemento da festa e con capacidade para previr situacións de risco e facer fronte aos pequenos accidentes que sempre se producen: queimaduras, pequenos lumes, caídas, intoxicacións...
-Para reducir o volume de refugallos xerados unha boa medida é usar recipientes (vasos, pratos) de barro ou louza, e garrafas de cristal retornábeis, que os clientes poden levar coa consumición pagando unha pequena fianza. Logo, ao retornalos, seralles devolta a fianza se non queren ficar con eles. Tentaremos evitar, na medida do posíbel, o uso de vaixelas de usar e tirar, e de ter que facelo, que sexan preferibelmente de papel/cartón e non de plástico.
-Debería haber suficientes contentores para a recollida selectiva dos refugallos, cando menos de orgánico, papel-cartón, vidro e envases lixeiros, e a recollida debería facerse logo de rematada a festa. Os refugallos estrados en carballeiras e praias durante días ou o lixo acumulado nos contentores sen recoller, degradan moitas paisaxes singulares e contaminan o ambiente.

A túa actitude é a chave

Lembra que evitar estes impactos tamén depende de ti, mudando os teus hábitos: se vas á praia, río ou monte non deixes o lixo ciscado. Ao final estes materiais, sobre todo os plásticos, rematan no medio ambiente. No mar, son unha das principais causas da contaminación mariña, e ao inxerilos os animais mariños, peixes ou aves causándolles a morte.
Desfruta da festa sen causar danos!! Recolle o teu lixo e anima aos teus veciñ@s, amig@s que fagan o mesmo!!

Novas relacionadas

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 4425