Información
Noticia destacada de Galicia

VÍDEO VERQUIDO AUGAS FECAIS NO PORTO DE CAIÓN

Información
Galicia 21 Mayo 2019 1124 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

captura MVT La SextaO BNG DA LARACHA PREGUNTOU AO GOBERNO MUNICIPAL DA LARACHA POLA XESTIÓN DA DECANTADORA DE CAIÓN E NON RECIBIU RESPOSTA

Hai xa case un mes que desde o Grupo Municipal do BNG da Laracha presentamos no rexistro municipal unha serie de preguntas relacionadas coa xestión da decantadora de Caión para a súa resposta escrita, sen termos recibido ata o momento ningunha resposta por parte do goberno municipal.

 

Existe preocupación na veciñanza de Caión polas informacións publicadas respecto desta decantadora e da xestión do saneamento na vila de Caión, e máis aínda agora cando se está a coñecer un video con imaxes que, presuntamente, corresponden con augas residuais verquidas directamente ao porto de Caión, onde se ven residuos diversos que indican que non debe haber ningún tipo de tratamento e que as augas fecais van directamente ao mar no porto de Caión. Mesmo nun programa de televisión de “La Sexta” se teñen feito eco desta noticia.

Non nos parece de recibo este obscurantismo e esta falta de resposta por parte do Partido Popular da Laracha, ante a preocupación da veciñanza, máis preocupado por difundir vídeos de promoción turística do concello (en plena campaña electoral).

A Laracha, 21 de maio de 2019

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+