Información
Galicia

Personalidades da cultura galega apoian a celebración do Día das Letras en Londres

Información
16 Mayo 2019 164 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dia Das Letras 2018Na canle de YouTube de REGA-UK hai vídeos de xornalistas, músicos e actores como Guadi Galego, Gayoso, Bieito Romero, Xabier Díaz, Pablo Pose, Tati Moyano, Alfonso Hermida ou Touriñán, entre outrosNa canle de YouTube de REGA-UK hai vídeos de xornalistas, músicos e actores como Guadi Galego, Gayoso, Bieito Romero, Xabier Díaz, Pablo Pose, Tati Moyano, Alfonso Hermida ou Touriñán, entre outrosO programa inclúe o concerto do grupo Zeltia, un recital poético a cargo de Isaac Xubín, a proxección da curtametraxe ‘Filomena’ de Fon Cortizo, unha foliada e obradoiros, entre outras acciónsA festa será este sábado, 18 de maio, de 13 a 19 horas, no YAA Youth Centre de Londres


Numerosas personalidades da cultura galega están a apoiar a celebración do Día Das Letras Galegas en Londres que vai ter lugar este sábado, 18 de maio, e que está organizada pola asociación Rede Galega en UK (REGA-UK). Na canle de YouTube do colectivo pódense ver xa os vídeos de Guadi Galego, Gayoso, Bieito Romero, Xabier Díaz, Pablo Pose, a familia Seivane, Tati Moyano, Alfonso Hermida ou Touriñán, entre outros, amosando publicamente o seu apoio á comunidade galega na diáspora.
Este é o segundo ano no que REGA-UK organiza na cidade do Támese un evento no que se mesturan manifestacións culturais diversas, como a literatura, a música, o cine ou a gastronomía. Igual ca na edición anterior, a actividade conta coa colaboración doutras organizacións socioculturais galegas da capital británica, como a Asociación A Caramiña, Galegos Morriñentos, Galego en Londres, Galician Film Forum e Troula.
Están previstas cinco horas de actividades nas que haberá tempo para o concerto do grupo Zeltia, a intervención de Isaac Xubín, que brindará un recital poético e presentará a súa última novela, a proxección da curta ‘Filomena’ de Fon Cortizo, foliada, obradoiros, xogos interxeracionais, actividades para nenos e moito máis.
A festa vaise desenvolver en The YAA Centre [1 Chippenham Mews, Londres, W9 2AN] de 13 a 19 horas. A entrada anticipada ten un prezo de 10 libras e de mercarse na porta, o seu custo será de 12 libras. En ambos os dous casos, o tícket inclúe unha bebida e unha tapa. O acceso é gratuíto para os menores de 15 anos. Para a compra anticipada é preciso realizar o ingreso na conta bancaria de REGA-UK co número 30695760 (sort code 30-90-99) e poñer como ‘payee reference’ LETRAS-Nome-Apelido. A recadación destinarase integramente á organización de actividades socioculturais no Reino Unido promovidas por REGA-UK.
Un Día das Letras multidisciplinar
O dúo Zeltia está formado por Laura Zeltia Acuña e Miguel Carballido e comezou a súa andaina no ano 2018. Nas súas composicións mestúranse o folk, o rock e o blues con sons tribais. Inspíranse no legado cultural da nosa terra pero deixando sentir as súas influencias vitais, de aí a alternancia entre temas en galego e en inglés, unha herdanza do paso de Zeltia por Irlanda. Polo de agora teñen dous traballos publicados: Irevire e Kúzlo Duše.
Póla súa banda, Isaac Xubín ten publicadas as obras de relato curto Château Bobcat e Le pied de Julien DuPuy, ambos os dous primeiro premio do certame Os Viadutos, amais da novela Non hai outro camiño, Premio da crítica Española. Na súa faceta lírica cómpre salientar os poemarios Con gume de folla húmida, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e A cadencia da fractura, Premio Manuel Lueiro Rey. Como tradutor, profesor e investigador elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro e foi lector de lingua e cultura galegas na Universidade Nacional de Irlanda (University College Cork). Tamén publicou traducións, entre as que destacan Sete poemas vascos e Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, polas que gañou os premios Lois Tobío e Etxepare, respectivamente. Neste evento vai presentar a súa última novela: Os largos e longos campos de liño azul.
No que respecta a ‘Filomena’ de Fon cortizo, trátase dunha curtametraxe documental centrada na figura de Filomena, a poeta labrega. En apenas dez minutos, Cortizo retrata a importancia da memoria oral a través das lembranzas da protagonista, unha muller de 91 anos que vive soa na súa aldea do interior de Galicia.
MÁIS INFORMACIÓN: Web | Facebook | Twitter | YouTube

Otros articulos relacionados.....