Información
Galicia

Novo episodio para botar luz sobre o misterio do xacemento en Os Conventos

Información
15 Mayo 2019 89 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os Conventos parroquia de VilachaEste xoves emítese un novo episodio da segunda tempada de Adegas daMemoria, centrada nos traballos arqueolóxicos en Os Conventos, Val doFrade (Vilachá)O episodio emitirase a partir das 20:00 h na rede e proxectarase na Adega Couso no marco da derradeira conversa do I Ciclo de Vilacharlas A Pobra do Brollón, 15 de maio 2019

A segunda tempada da serie-documental Adegas da Memoria segue a evolución daescavación no lugar de Os Conventos, na ribeira do Val do Frade. Neste emprazamentode Vilachá (A Pobra do Brollón) un equipo multidisciplinar está a buscar un primitivomosteiro que podería aportar información sobre as orixes da Ribeira Sacra.

Nesta segunda semana de escavación lánzase o segundo e penúltimo episodio datempada. No vídeo, que se estreará este xoves 16 a partir das 20:00 h, os espectadorespoderán ver as primeiras descubertas do equipo, entre as que se atopan pezas decerámica moi útiles para a datación do xacemento. “Neste episodio poderase vercomo unha cerámica humilde pode dar unha información fundamental para ainvestigación”, explica o director arqueolóxico Xurxo Ayán.O proxecto Adegas da Memoria é unha iniciativa da Asociación de Veciños de Vilachá edo Concello da Pobra do Brollón, co apoio do Inipit-CSIC. Segundo comenta o alcalde,Xosé Lois Maceda, “poder datar Os Conventos e os pataos coloca á Pobra do Brollóncomo pioneira na investigación arqueolóxica da Ribeira Sacra”.A estrea do episodio coincide coa derradeira conversa do I Ciclo de Vilacharlas. Será ás20:00 h na Adega Couso, dentro do conxunto de adegas tradicionais da Abelaira,Vilachá. Tras a proxección do episodio, un trío de arqueólogos formado por XurxoAyán, Candela Martínez e Manuel Antonio Franco ‘Muros’, falarán da súa experiencianun proxecto arqueolóxico en Somalilandia. No evento, que será algo máis festivo paramarcar o fin do ciclo, os asistentes tamén poderán ver en primeira persoa algúns dosobxectos atopados na escavación.Como é habitual, o episodio tamén estará dispoñible no Facebook de Adegas daMemoria, na súa web (adegasdamemoria.com) e conta de Vimeo.

Otros articulos relacionados.....