Información
Galicia

Dado que o señor Colmenares parece non coñecer Galicia, eu ofrézome de guía turístico para que vexa que somos un país moderno, con electricidade, autoestradas e portos

Información
18 Abril 2019 475 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Tino Fernández considera unha contradición que o conselleiro de Ence ameace con trasladarse a Sudamérica e Portugal “e sen embargo diga que é inviable un traslado dentro da comarca”: “Non sabía que en Portugal regalaban os terreos” !

 

Pontevedra.- O candidato do PSOE á Alcaldía, Tino Fernández, ten así

de claro que Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence, “minte”

cando asegura que “non hai outro emprazamento en Galicia que permita

instalar unha fábrica de celulosa do tamaño da de Pontevedra” e que

cumpra coas condicións de acceso a rede eléctrica de alta tensión, porto

marítimo veciño, abundante auga doce para o proceso industrial, un

sistema de estradas capaz de absorber diariamente máis de 300 camións

e a cercanía dun medio receptor que poida asumir o seu efluente. O líder

socialista ofrécese voluntariamente, “dado que o señor Colmenares

parece non coñecer Galicia, a servirlle de guía turístico para que poida

darse conta de que, por fortuna, xa non estamos na Idade Media, xa non

andamos con candelabros, dispoñemos dunha boa rede eléctrica, unha

cousa que se chaman autoestradas e cinco portos de interese xeral

conectados a través de vías de ferrocarril coas estacións de tren”. “Somos

un país moderno -engade- e eu préstome voluntario para facerlle unha

tournée’ por Galicia e que poida coñecer esta magnífica terra”.!

Fernández califica de “antítese” que o diretivo de Ence sosteña que o

traslado da fábrica dentro da nosa comarca é inviable economicamente e,

ao mesmo tempo, “ameace con trasladala a Sudamérica ou Portugal”.

Está dicindo unha cousa e a contraria. É un oxímoron. Descoñecía eu

que en Portugal regalaban o solo para construír fábricas. O que si xa me

imaxinaba era que a factoría de Lourizán non tiña rodas para trasladarse.

Nós, do que sempre falamos, foi do traslado da actividade, e el mesmo,

coa súa ameaza de marchar a Sudamérica ou Portugal, está a admitir que

ese traslado é posible”, matiza o socialista.!

Outra das contradicións nas que, segundo Tino Fernández, incurre Ignacio

Colmenares, ten que ver coa súa asunción de que Ence precisa dun lugar

ao que botar “o seu efluente, por chamarlle dalgún xeito”, e a afirmación

que fixeron “en máis dunha ocasión” de que “estaban en condicións de

reducir o consumo de auga até nun 90%”. “Ou nos estaban a enganar

entón -apunta- ou nos están a enganar agora”.!

Para o candidato do PSOE á Alcaldía, resulta bastante “lamentable” o

xeito que Colmenares ten de referirse aos seus propios traballadores

como “unha man de obra máis cara que a doutros países”: “Se realmente

lle importasen os postos de traballo, xa terían buscado algunha alternativa

en 2001, cando compraron unha fábrica sabendo que se tiñan que ir en

2018”. Na súa opinión, a Ence “só lle interesa o beneficio económico” e

está a empregar a algúns traballadores “como infantería para lanzala

contra os partidos políticos, mentres eles presentan as súas contas e

pagan os seus impostos en Madrid”.!

!

Agardo que nos sentemos a falar disto nunha mesa de negociación”!

O líder do PSOE subliña que a o seu partido “si lle interesan os postos de

traballo”, polo que convida a Ignacio Colmenares a que, a vindeira vez que

dialoguen, o fagan “no marco dunha mesa de negociación onde estean

sentadas Ence e as diversas administracións”. “Os socialistas xa

amosamos, dende o Goberno Central, a nosa disposición a negociar e a

explicarlles as axudas existentes en Europa para o traslado. Deixen de

empregar a CC OO e aos traballadores para tentar distorsionar unha

campaña electoral e non permitan que se use o nome da empresa para

unha campaña de acoso, insultos e ameazas”, subliña.!

Neste sentido, e falando de “delirantes contradicións”, a Fernández

chámalle a atención que, na mesma intervención, o secretario comarcal

de CC OO, José Luis García Pedrosa, “afirme por unha banda que as

pintadas ameazantes non lles parecen prácticas aceptables e, por outra,

que se o seu sindicato fose o responsable das mesmas terían sido máis

contundentes na mensaxe”. “O de que temos pouco de obreiros, vindo del,

-engade- tómoo coa ironía que corresponde”.

Otros articulos relacionados.....