Información
Galicia

A Estratexia do Goberno de Feijóo contra o Cambio Climático cheira demasiado a fume de carbón e eucalipto

Información
17 Abril 2019 493 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

ADEGA vén de alegar ao plano operativo que desenvolve a Estratexia Galega de Cambio Climático que tramita a Xunta. Son 170 medidas, o 60% sen orzamento asignado, que non tocan nin o negocio das térmicas nin o de ENCE, que mesmo favorecen...

O devandito Plano Operativo, que xunto con outros similares desenvolverá a Estratexia Gelaga de Cambio Climático e Enerxía 2050, ten como horizonte de aplicación o ano 2023. Suponse pois que debe conter as medidas de choque para mitigar e combater os efectos do cambio climático a curto prazo. Porén, moitas destas medidas (preto dun 60%) son simples propostas en estudo e sen orzamento: Un plano, portanto, "operativo" só nun 40%...

Redución drástica de GEIs: que o fagan outros

No ámeto da mitigación, as medidas para conquerir unha redución significativa das emisións de gases de efeito invernadoiro resultan fundamentais. Porén, o Plano abeira reclamar unha redución das emisións das industrias máis intensivas en C pola vía do abandono da xeración eléctrica con carbón.



O fomento das enerxías renovábeis déixase na Estratexia á iniciativa privada, con 0€ de achegas públicas, aínda que se anuncian “mecanismos específicos de financiamento” e “acordos voluntarios”. Pola contra, prefírese adicar o investimento público ao sector domiciliario (caldeiras de biomasa, solar térmica, xeotermia….) transmitindo a mensaxe de que a responsabilidade de reducir as emisións recae na cidadanía fronte á grande industria contaminadora.

Preténdese tamén reducir a xeración de CO2 asociado aos residuos pola vía da "ampliación de SOGAMA para queimar menos plásticos" (30M€) mentres que o orzamento para a compostaxe e a redución dos residuos son 6 veces menores (5M€ e 0,1 M€ respeitvamente), malia a ser estas medidas prioritarias de prevención. Fica claro o pouco compromiso deste plano coa redución das emisións derivadas da xestión de refugallos, que segue baseándose na incineración, o vertido e a centralización da xestión.

Aumentar a fixación de CO2 plantando máis eucaliptos...

Como non se quere apostar decididamente por reducir as emisións das térmicas, a Xunta pretende cadrar as contas climáticas pola vía so secuestro de C. A idea de potenciar a silvicultura como elemento compensador recibe neste Plano un investimento de máis de 46M€, co obxectivo de acadar as especies forestais máis eficientes, exclusivamente en termos de secuestro de C.

Porén, non se consideran os demais servizos ecosistémicos que prestan a vexetación, os bosques naturais e os ecosistemas forestais e de monte en xeral, en termos de mantemento da biodiversidade, regulación do ciclo da auga, fertilidade do solo, capacidade de purificación da auga e do ar, loita contra a erosión etc. Só interesa fixar máis carbono en máis madeira o máis rápido posíbel, e a vía é o eucalipto e as especies de crecemento rápido.
Esta estratexia confírmase ao comprobar que no Plano Operativo, ao propoñer "optimizar a xestión forestal sustentábel como ferramenta de adaptación ao cambio climático dos montes galegos", inclúense nas “Accións de defensa contra incendios en extinción e prevención directa e indirecta” os 250 M€ até 2013 dos distintos PLADIGAs. Semella que en troques de optimizar a xestión forestal sustentábel,  preténdese unicamente xestionar as consecuencias (lumes forestais cada vez máis intensos e frecuentes) dun modelo forestal fortemente insustentábel.

Recoñecer a importancia de conservar os ecosistemas naturais, sen medidas para protexelos

Chama a atención que malia a recoñecer a importancia dos ecosistemas naturais e seminaturais, particularmente daqueles con alta capacidade para a retención e fixación do C, ou chave para o amortecemento dos impactos da mudanza climática (aumento da resiliencia), este Plano non contempla o alongamento da superficie dos espazos protexidos incluidos na RN2000 e dos humidais Ramsar. Nen sequera daqueles hábitats para os que a Comisión Europea advertíu ao estado español da súa escasa representatividade (como as turbeiras ou bosques de ribeira).
As zonas húmidas, e particularmente as turbeiras e brañas, fixan 3 veces máis C que os bosques maduros e almacenan no seu conxunto unha cantidade deste elemento superior á de todos os bosques do planeta. Incorporar estes hábitats a novos espazos protexidos até aproximarnos á media estatal de superficie RN2000 (actualmente 12% para Galiza, 27% para o Estado) é fundamental para evitar a súa destrución e recuperar aqueles degradados (como as turbeiras do Xistral).
Alongar a rede de humidais protexidos baixo a convención Ramsar (hoxe só 5 en Galiza), especialmente en zonas litorais, bacías endorreicas e cabeceiras fluviais, resulta chave para amortecer os impactos da mudanza climática (maior erosión costeira, aumento dos fenómenos meteorolóxicos estremos, maior incidencia das secas…) e aumentar a resiliencia dos ecosistemas.

En resumo, a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e o Plano Operativo para comezar a implantala de eiquí ao 2023, recolle na súa maior parte (60%) simples propostas sen orzamento. A responsabilidade da loita contra o CC volta a recaer na cidadanía, pois a Xunta rexeita poñerlle o bozo ás térmicas de carbón e a SOGAMA. Pola contra, vai dar cobertura a unha nova vaga eucaliptizadora a maior gloria de ENCE, coa excusa do secuestro de C. É ao cabo, outro "libro branco" da Xunta para compensar ter estado a velas vir durante máis de 10 anos fronte ao cambio climático.

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)