Información
Galicia

Nova lei de residuos do PP, ou como camuflar o desastre de SOGAMA

Información
11 Abril 2019 210 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta está a tramitar a nova lei de residuos e solos contaminados para incorporar as recentes directrices europeas e obxectivos para xestión dos refugallos no marco da economía circular. No horizonte de 2020, a reciclaxe deberá ser do 50%, mentres SOGAMA anda hoxe polo 3%...
Semella pois que esta norma vai nacer baleira de contido real xa que non vai conquerir que Galiza atinxa os obxectivos mínimos fixados pola lexislación. O causante como non é o sistema SOGAMA, que cun ridículo 3% de reciclaxe e a súa aposta por un modelo centralizado e incinerador, supón unha rémora enorme para cumprirmos con Europa.


Perante esta realidade, a Xunta semella querer introducir na nova lei elementos para "amortecer o impacto" e camuflar dalgún xeito o fracaso do sistema SOGAMA.

Respetar o principio de proximidade e a xerarquía de tratamento? Depende...

Unha das principais eivas de SOGAMA é súa esaxerada centralización: todo o lixo do país movéndose cara a planta de Cerceda. Segundo as premisas da economía circular, os refugallos deberían ser tratados de xeito preferente nas proximidades de onde son xerados mediante sistemas descentralizados, minimizando o trafego. Non sorprende pois que entre os principios da nova lei, a Xunta esqueza incluir o de Proximidade (e tamén o de Precaución).
E a respeito da xerarquía de tratamento (por esta orde: Prevención, preparación para a reutilización, reciclado, valorización -con se sen recuperación de enerxía- e eliminación), o borrador da lei prevé xa o seu incumprimento (art. 11, 2.2), extablecendo excepcións  coa excusa de conquerir "un mellor resultado ambiental"!?. Introdúcese deste xeito a arbitrariedade no cumprimento dun principio fundamental, non vaia a ser que SOGAMA teña que reciclar antes que incinerar...

Biorresiduos, compostaxe e biogás: Totum revolutum...

Os biorresiduos supoñen até o 40% do peso da bolsa de lixo domiciliaria. Deben recollerse separadamente e reciclarse como mínimo nun 50% para o ano 2020. Porén, o borrador da lei carece dun capítulo específico para os biorresiduos, sen medidas para impulsar a recollida separada da materia orgánica, o seu tratamento en instalacións específicas e o fomento do uso do compost como emenda orgánica. 
Tamén resulta revelador o total esquecemento da compostaxe caseira na lei, sendo un dos sistemas de prevención e reciclaxe máis barato e efectivo. A norma debería recoller medidas para favorecer, incentivar e regulamentar a extensión xeralizada da compostaxe doméstica en Galiza, aproveitando a experiencia acumulada dende hai anos por ONGs, concellos e entidades supramunicipais.

No borrador de lei, os residuos orgánicos deben destinarse "a compostaxe ou dixestión anaerobia". Porén, estas dúas técnicas non deberían estar ao mesmo nível: a biometanización require de procesos industriais complexos suxeitos a múltiples variábeis, alén de requerir investimentos moi superiores á compostaxe. Esta última pola contra é doadamente escalábel, moito menos complexa por usar tecnoloxías brandas e require moito menos investimento para producir un compost de calidade. Propoñemos que a lei considere de xeito diferencial a estas dúas técnicas priorizando a compostaxe aerobia. Consecuentemente, deberiase contemplar a posta en marcha de plantas de compostaxe de pequena e media escala a nível local e comarcal complementadas coa promoción de compostaxe caseira e comunitaria.

Fiscalidade ambiental para reducir e reciclar máis? Non toca...

A lei obvia o establecimento de medidas fiscais para desincentivar os envases excesivos (prevención), respectar a xerarquía (reciclaxe) e penalizar o vertido. A respeito do sobre-envasado, deberianse penalizar as embalaxes excesivas fronte ás máis eficientes en termos do seu ciclo de vida.
Asemade, compriría establecer instrumentos económicos para avanzar no cumprimento da xerarquía, en particular os impostos (canon) ao vertido e á incineración de residuos. Galiza presenta unha situación completamente afastada da xerarquía de xestión, polo que a adopción destes instrumentos é urxente.

Recuperación de espazos degradados con residuos ou vertedoiros "en B"?

O artigo 27 do borrador de lei facilitará que as canteiras poidan ser empregadas para acoller calquera instalación de xestión de residuos, impulsando un desenvolvemento normativo incoherente coa finalidade das operacións de restauración. O texto elude introducir aspectos para exercer o debido control das operacións con residuos para valorización en restauración, e que non acaben sendo vertedoiros pola porta traseira. 
A modificación da directiva de residuos realizada en 2018 (paquete de Economía Circular), chama a atención sobre a predominancia de prácticas e operacións de "reciclaxe de baixa calidade", das que son exemplo en Galiza o uso de residuos na restauración de canteiras. A lei galega debería recoller esta indicación da Directiva e lexislar máis en detalle para evitar esta posíbel fraude cos residuos, no canto de facilitala e permitila de forma incontrolada. 
Tamén os tecnosolos son unha vía importante para este tipo de actuacións. Neste senso deberiase revisar a instrución técnica ITR/01.0/05, que regulamemta a elaboración e uso dos solos derivados de residuos, para entre outras cousas, evitar a mestura de residuos en destino co obxectivo de modificar as súas propiedades por dilución duns noutros.

Novas relacionadas

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)