Información
Galicia

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE A CRTVG VULNERA O DEREITO Á FOLGA IMPOÑENDO SERVIZOS MÍNIMOS ABUSIVOS

Información
28 Febrero 2019 1295 votos

Noela Blanco pídelle ó director xeral da CRTVG que “cese a persecución dos traballadores e traballadoras que exercen o seu dereito á folga” e que “escoite as súas reivindicacións en vez de amordazalas"

Santiago de Compostela, Día 28 de Febreiro do 19. Noela Blanco, portavoz do grupo socialista na comisión de control da CRTVG, denunciou hoxe en comisión a “vulneración do dereito a folga a través de servizos mínimos abusivos” e pídelle ó director xeral da CRTVG “que tome medidas ante as reiteradas denuncias e a sentenza do TSXG”. Así mesmo pediu “que se escoiten as reivindicacións e se poña fin á persecución e amordazamento de xornalistas”.

 

A deputada socialista preguntoulle ó Director Xeral da CRTVG “por que non está tomando medidas ante as denuncias de servizos mínimos abusivos”. Blanco mostrou a súa perplexidade e lembrou que “xa existen sentenzas, lembremos a condea do TSXG á CRTVG trala folga feminista do 8 de Marzo por servizos mínimos abusivos”.

Polo tanto, Blanco valorou as accións por parte da Dirección Xeral da CRTVG como “unha vulneración continuada do dereito á folga, que vén ser o dereito básico dos traballadores” lembrando que “xa van 43 venres negros en 2019”. Así mesmo lembrou algunhas das reivindicacións dos traballadores “piden cousas como a fin á política represiva, a conciliación familiar ou que se suprima a externalización da CRTVG”.

Por outra banda Blanco alarmou sobre o “preocupante deterioro do servizo e do pluralismo ideolóxico e social” facendo referencia á “persecución continuada de xornalistas como Marga Pazos”. A deputada reiterou polo tanto o apoio dos socialistas a Marga Pazos, lembrando que a xornalista “foi apartada por apoiar abertamente a folga do 8 de Marzo e non por motivos laborais”.

Seguidamente, a socialista lembrou que “o caso de Marga non foi unha casualidade nin un asunto laboral, foi persecución, tampouco foron casualidade os casos de Alfonso Hermida e Tati Moyano”. Por outra banda, Blanco quixo lembrar a sentenza do TSXG que advirte sobre a “conduta de esquirolaxe interna” por parte da dirección da CRTVG.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+