Información
Galicia

Ana Pontón: “Feixóo ten que mudar a política sanitaria, non pode xogar coa saúde de todos e todas as galegas”

Información
03 Enero 2019 1135 votos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón participou na cidade de Vigo, no acto de presentación da campaña en defensa da Sanidade pública galega e apoio á manifestación que terá lugar, mañá xoves 27 na cidade olívica contra os recortes e privatizacións.

 

A portavoz do BNG cualificou de “irresponsable” unha política que xoga coa saúde das persoas , pero o PP e Feixóo, dixo,  continúan na senda das privatizacións e recortes como acontece en Vigo con 400 camas menos no Hospital Álvaro Cunqueiro. Un hospital, que por outra banda  vai costar a todos os galegos e galegas “tres veces máis”  porque o PP impediu que fose   unha infraestrutura pública.

A nacionalista salientou que  a dimisión de 25 Xefes de servizo na Área sanitaria de Vigo de Atención primaria  son  o resultado  do malestar dos e das profesionais que non poden administrar “a miseria” á que está conducindo o Partido popular a nosa sanidade.

Pontón criticou duramente as declaracións de Feixóo referíndose a tensión que está creando a oposición ao que a nacionalista replicou que “non é a oposición quen tensiona a sanidade, esa tensión a provoca a política que recorta medios, persoal médico e sobre todo quen non ten capacidade  para  dialogar e escoitar os problemas dos profesionais”.

Ás dimisións dos xefes de Área, Pontón sumou a folga no CHUS e nos PACs. Todo o malestar das persoas que non poden pagar os medicamentos, que chaman para pedir cita e que tardan catro ou cinco días para acudir á Atención Primaria, ou  non a conseguen  porque hai miles de citas nun caixón, teñen que emerxer nas rúas de Vigo para dicir alto e claro que non imos  consentir que Núñez Feixóo siga xogando coa sanidade pública.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+