Información
Galicia

A Deputación de A Coruña utiliza nenos/as para facer comunicados de prensa de marcado carácter político sin consultar cos pa/nais

Información
28 Diciembre 2018 850 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Cincocentos nenos e nenas da provincia participarán na Campaña de Esquí 2019 da Deputación da Coruña

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2019, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses

Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de tres días de duración cada unha.

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.