Denuncian que a oferta de Emprego Público polo goberno do PPdeG na Xunta soo é: propaganda electoral

Información
Galicia | 03 Diciembre 2018 | 1839 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Despois do Consello da Xunta do xoves día 22 de novembro, Feijoo anuncia unha “macrooferta” de emprego público. No que se refire á Administración Xeral anuncia que haberá 1.448 prazas de acceso libre, entre as que se atopan as de estabilización. E tamén 577 prazas para a funcionarización e 150 de promoción interna.

 

Tendo en conta que tanto a funcionarización como a promoción interna non contan para a taxa de reposición de efectivos, podemos dicir que esta oferta é insuficiente.

Primeiro, ofertar 150 prazas de promoción interna para todos os corpos e escalas e categorías da Xunta, un colectivo de case 16.000 persoas entre persoal funcionario de carreira e laboral fixo, é unha tomadura de cabelo. E máis tendo en conta que aínda está sin executar a OEP do 2017.

Segundo, 577 prazas de funcionarización non semella gran cousa para un colectivo de case 7.000 laborais fixos, sen ter claro aínda nin que categorías van ser, nin que escalas se van crear.

E finalmente, 1.448 prazas de acceso libre das que tampouco aportan datos.

Á espera de que se dignen a sentarse a negociar a OEP, só podemos valorala como insuficiente, especialmente no que se refire á promoción interna.