Información
Galicia

Denuncian o suso indiscrimando de policías municipais solitarios baixo patrullas en grave risco de seguridade

Información
10 Noviembre 2018 1607 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende a Asociación Profesional UNIÓN GALEGA DE POLICÍAS LOCAIS (UGPOL) queremos chamar a atención sobre a circunstancia de que en moitos concellos de Galicia estean a darse ordes tanto dende as alcaldías ou concellerías delegadas, coma dende as propias xefaturas dos corpos para patrullar unipersoalmente: isto é patrullas integradas por un só policía.

Esta circunstancia provoca, a entender deste colectivo profesional, un risco no só para a seguridade do propio policía que integra esa patrulla unipersoal, senón tamén para o resto da cidadanía á que debe protexer.

 

Este feito agrávase en localidades de pequena entidade onde a patrulla unipersoal é a única patrulla no municipio, e o reforzo máis próximo está a unha distancia de trinta minutos coma pouco.

Hai que mencionar ao respecto, que estamos nunha situación de activación por parte do Ministerio de Interior do nivel 4 de alerta antiterrorista, quen tamén fai unhas

 

recomendacións de auto protección para os efectivos, que no caso das patrullas unipersoais expóñense a un perigo real, porque para o tipo de terrorismo denominado YIHADISTA os policías son obxectivo prioritario e porque son atentados que, cada vez máis, cométense por unha soa persoa.

As patrullas unipersoais denotan ademais unha falta de cultura policial porque están practicamente erradicadas pola súa inoperatividade e son incongruentes co concepto de protección, incompatibles coa prevención de riscos laborais e coa prestación dun servizo digno e de calidade. Na actualidade hai Policías prestando servizo en patrullas unipersoais a diario e en ocasións están formadas por Polícas próximos á xubilación, ou mesmo Auxiliares de Policía. A experiencia dinos que o Policía que patrulla só, polo xeral, afronta con moita dificultade as situacións potencialmente adversas nas que presume que poida existir un conflito por temor á súa propia integridade física, e polo tanto o rendemento e efectividade dun policía que patrulle só é notablemente inferior ao dunha patrulla en binomio. Isto ocorre non só en intervencións violentas senón en algo tan cotián coma un sinistro viario, que require unha dobre intervención, por un lado o esclarecemento das causas do sinistro e a práctica das distintas probas; e por outro lado a sinalización do lugar, o aseguramento dos implicados e a regulación do tráfico.

É por tal motivo que facemos un chamamento público, tanto ás corporacións municipais coma as respectivas Xefaturas de Policía Local a que erradiquen este tipo de servizos en aras á seguridade e tamén a dar un servizo profesional e de calidade ao cidadán. Tamén á Xunta de Galicia, para que regulamentariamente queden prohibidas as patrullas unipersoais.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+