A MESA INTERSINDICAL DE BOMBEIROS DE GALICIA DENUNCIA A
FALTA DE EFICIENCIA ECONÓMICA QUE MANIFESTA O CONSORCIO
PROVINCIAL DE OURENSE PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO
CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
(25052016)
Un dos motivos cos que a Administración sempre tenta xustificar a externalización dos
Servizos de Extinción de Incendios e Salvamento de ámbito comarcal, é a suposta
vantaxe económica que representa este sistema de prestación do servizo para as
arcas públicas. Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, sempre se
defendemos que isto é totalmente contrario á realidade. De feito, parece que ao igual
que acontece coa recuperación de outros servizos públicos, algunhas administracións
estanse a percatar do aforro que supón a xestión directa.
Agora o Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do Servizo Contra
Incendios e Salvamento ven de darlle unha volta máis ó concepto de “eficiencia
económica” na administración dos cartos públicos, creando unha estrutura
políticoburocrática
inédita no Estado español.
Os Consorcios, aínda cando o servizo que prestan o fagan mediante xestión indirecta
(isto é: poñendo a responsabilidade das emerxencias en mans de empresas privadas),
teñen os órganos de goberno propios de calquera organismo público. Hai un
presidente, un pleno que integran as administracións consorciadas (no caso que nos
ocupa, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense), así como unha estrutura
burocrática (secretario, interventor…). Ademais é habitual que se cree unha praza de
xerencia que ten basicamente a función de velar polo cumprimento das condicións
acordadas entre a administración e a empresa concesionaria. Ata aquí poderíamos
dicir que todo normal. Pero no Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do
Servizo Contra Incendios e Salvamento, esta estrutura políticoburocrática
coas súas
dedicacións, dietas por asistencia a plenos e gastos varios, parécelles pouca cousa
para atender catro parques de bombeiros (Valdeorras, Verín, Xinzo de Limia e
Carballiño). O Consorcio desta provincia, un dos máis pequenos en número de
parques e efectivos de España, conta dende o primeiro día do mes de maio cunha
figura inédita e innecesaria. Falamos do posto de vicexerente .
O sistema de acceso a esta praza é bastante curioso xa que o candidato elixido non
tivo que superar ningún proceso selectivo. Convén saber, que a persoa que encarna
dito cargo, ata agora era xerente dos Consorcios de Verín e a Limia, resultando tamén
ser o alcalde popular do Concello de Laza, e que no seu día foi nomeado como
“persoal eventual de confianza e asesoramento especial” e que segundo parece, obtén
a condición de persoal indefinido por sentenza (non firme) dun Tribunal do Social.
Convén saber que a designación “dixital” de xerentes (ou vicexerentes) contravén a
xurisprudencia do Tribunal Supremo que esixe que unha praza de tales características
sexa cuberta atendendo ós consabidos principios de igualdade, capacidade e mérito
consagrados no noso ordenamento xurídico. Tal extremo era coñecido pola Xunta de
Galicia e a Deputación Provincial de Ourense dende o momento en que en xaneiro de
2015 un bombeiro de Verín presentou alegacións ós estatutos do Consorcio.
É a partir deste momento cando se produce unha denuncia no ámbito laboral por
parte do xerente comarcal de Verín e a Limia, alcalde de Laza, que remata cunha
sentenza non
recorrida polo Consorciona
que se obriga á readmisión ou
indemnización de quen, recordemos, foi nomeado a dedo.
Contra toda lóxica tanto Xunta de Galicia como Deputación Provincial de Ourense,
acordaron a readmisión do denunciante creando a primeira vicexerencia que se
coñece en todos os Consorcios de Bombeiros de España. Trátase dun posto que non
ten definida ningunha función nos estatutos pero que si ten definido un salario bruto
por enriba dos 45.000€/ano (segundo parece, algo superior ó do propio xerente). A
maiores leva aparellado outra serie de gastos en vehículos oficiais, dietas...
Coidamos que non existe argumento técnico nin económico que poida avalar o
mantemento dunha praza que se podería amortizar economicamente en menos de
dous exercicios (debido ao importe que suporía a indemnización) sendo a decisión de
readmisión arbitraria e contraria ós intereses do común. Os únicos argumentos que se
nos ocorren para este despropósito son de conveniencia política, e eses débeos pagar
cada partido do seu peto e non todos os cidadáns Consorcio Provincial de Extinción de
Incendios e Salvamento da Provincia de Ourense cos seus impostos.
¡Despilfarro, nocturnidade e aleivosía dos que presumen de eficiencia e transparencia
na xestión! Estas son as cartas de presentación do novo Consorcio Provincial de
Ourense para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento.