Feijóo nun ataque sen precedentes da "ruindaz" política destina 300 millóns para o Porto da Coruña e "nada para Vigo"

Información
29 Agosto 2018 2203 votos - Registrate para votar

Abel Caballero denunciou que o goberno de Núñez Feijóo "marxina" ao porto vigués, despois de que a Xunta reclamara ao Estado a condonación de 300 millóns de débeda do porto exterior de Coruña e "nada para Vigo", sendo este "a porta de entrada e saída da economía de Galicia". O rexedor esixe a Feijóo explicacións e responsabilidades.


O alcalde vigués considérao un "escándalo sen precedentes" e cuestiona que o goberno "de toda Galicia so teña na cabeza a evolución e as débedas" do porto coruñés, sen considerar o peso do Porto de Vigo. Abel Caballero recordou que a terminal portuaria viguesa é de mercancía xeral e abastece a toda a comunidade, actuando como "porta de entrada e saída da economía de Galicia".

Caballero denunciou este mércores que a Xunta "ignora completamente" o porto de Vigo e reclama "responsabilidades" e que o presidente autonómico "explique xa por que marxina" á terminal viguesa. O alcalde recordou que o propio presidente portuario vigués citara hai algúns días actuacións a executar no porto de Vigo: "podemos presentar obras pasado mañá", asegurou.

O alcalde vigués -quen anotou que o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, forma parte do consello de administración do Porto de Vigo- expuxo que "non digo que non pidan para o porto da Coruña" pero reclamou da Xunta atención ao porto vigués acorde á súa importancia. "A veces teño a sensación de que, para Feijóo, Vigo non é Galicia", concluíu Abel Caballero

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+