O SERGAS nega coñecer os escritos así coma as xuntanzas mantidas co EOXI de Vigo onde se puxeron en coñecemento irregularidades no transporte sanitario en Vigo ao respecto dos doentes infectocontaxiosos e de illamento.
O Comité de Empresa de Ambuancias Atlántico, amósase estupefacto perante das declaracións do SERGAS onde negan ter coñecemento da situación do transporte de doentes infectocontaxiosos e en illamento por tanto en canto membros deste Comité mantiveran xuntanzas xa dende primeiros de 2017 con responsables do EOXI de Vigo onde entre outras irregularidades se informou disto.
Tampouco o feito de que se denunciaran a mediados de 2017 outras irregularidades e dende xaneiro de 2018 novamente problemas cos traslados de infectocontaxiosos.... E os escritos vía rexitro "cantan" (no EOXI e na Dirección Provincial do SERGAS). Co cal tampouco é cousa dos novos propietarios de Ambulancias do Atlántico, outra cousa é o legado que colleron. En todo caso lembrarlle ao SERGAS e ao EOXI que súa é a obriga de controlar e vixiar o que acontece neste eido, cousa que non vemos aconteza. En todo caso o SERGAS non nega en ningún intre o denunciado por este Comité.
Estupor que se nos vai tornando en riso, de humor negro, por mor de que estamos a falar dunha materia tan sensible pra saúde pública... posto entendemos que a falla de capacidade de comprensión lectora por parte dalgúns cargos da administración vese mermada polo espírito mercantilista co cal se trata á sanidade... no SERGAS sonche de números e non de "humanidade". A concesionaria é de números, fixo.
No tocante a que este Comité cuestione a laboura dos compañeiros, nada máis lonxe. O que se fai mal é por parte da inoperancia dos medios hospitalarios que ocultan información ou se contradín; e pra coa empresa concesionaria que non se coordinan e non dan a información que precisamos pra levar a cabo nosa laboura ... pro servizo de preventiva hai doentes que tan pronto ingresan por urxencias salta a alarma de illamento e que se mantén permanentemente agás nos traslados en ambulancia tornando a estar illados en destino automáticamente... Será que os axentes patóxenos non suben as ambulancias e se trasladan "no metroplolitano"? Ou será que coma non hai camas abondo pra tratar coma é debido aos doentes mándanse a domicilio, cargando ás familias con responsabilidades propias do sistema sanitario e sen contar nin coa formación nin os medios adecuados, lembremos, "nos seus fogares"? De calquer xeito, é pra gañar camas nos hospitais? O caso é que se aos traballadores das ambulancias non se lles informa se un doente é infectocontaxioso ou en illamento sexa por contacto ou por vía aérea realizará os servizos de ordinario coas medidas universais, ben debera saber o SERGAS que pros outros casos deben ser activados protocolos diferentes, pero craro, sonche de números... non de "humanidade".
Dende o Comité de Empresa de Ambulancias do Atlántico, entendemos que o responsable do SERGAS que deu resposta, alén de ser de números, de estar desinformado o fixo tamén baixo os efluvios propios desta semá tan festeira por todo o País...