Información
Galicia

A Real Academia Galega lamenta o pasamento do académico correspondente Víctor Campio Pereira González

Información
24 Julio 2018 1970 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • RAG Victor Campio PereiraO escritor, membro da institución desde o ano 2011, faleceu hoxe en Ourense

  • Autor dunha obra literaria que abrangueu a poesía, a novela, o ensaio e o articulismo, foi un activista cultural destacado na cidade de Ourense desde os últimos anos do franquismo

     

A Coruña, 24 de xullo de 2018.- A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Víctor Campio Pereira (Maside, 15 de xullo de 1928 - Ourense, 24 de xullo de 2018). Membro correspondente da institución desde o ano 2011, o escritor publicou poesía, novela e ensaio, e participou desde os últimos anos da ditadura franquista de maneira moi activa na vida cultural de Ourense, onde faleceu hoxe aos 90 nos de idade. A capela ardente de Víctor Campio Pereira González está instalada no tanatorio As Burgas de Ourense.

Víctor Campio Pereira compaxinou a docencia coa produción literaria e un activismo cultural sempre vinculado a Ourense, onde se xubilou como profesor de secundaria no IES As Lagoas. A súa obra literaria abrangue varios libros de poesía -O ar que nos leva (1987), Perdida luz (2000), O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006 (2008) e Quince sonetos de amor e once poemas máis (2011)- a novela Baixo o sol do Magreb (1998) e o ensaio Escritos en do menor (2001).

Tamén participou nas obras colectivas Sete poetas ourensáns (1992), Poesía dos aléns (2003) e Poetas e narradores nas súas voces. II (2006), e foi articulista en revistas e xornais, especialmente en La Región.

Víctor Campio Pereira foi distinguido como fillo predilecto de Maside, o seu concello natal, en 2010 e foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 2011. Ese mesmo ano tamén foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e en 2012 concedéuselle o premio Sete Carballas da Insua dos Poetas. O pasado mes de outubro o autor foi homenaxeado en Ourense en recoñecemento a toda a súa traxectoria, nun acto organizado polo Ateneo de Ourense e o PEN Galicia no que tamén participou a RAG.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+